Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 6 de noviembre de 2021

AFONDANDO NA TRADICIÓN CELTA DO SAMAÍN


 Este curso traballamos a orixe do Samaín coa colaboración da profe Andrea que elaborou unha cabaza tallada informativa. No interior da mesma introduciu imaxes que nos permitiron irlles contando a historia celta do Samaín.

Samahin, que en céltico significa fin do verán,servía como celebración do final da tempada de colleitas e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comenzaba coa estación escura. Era tanto unha festa de transición ( paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.

 Era a festa principal dos guerreiros que, reunidos nos camposantos en asemblea con todo o pobo, celebraban este feito cun gran banquete. Crían que nesa noite os espíritos dos mortos andaban ceibes pola terra e que podían levar ás persoas  ao Outromundo. Para librarse da súa influencia maléfica, ao chegar a noite, poñían ao redor dos seus castros as caveiras dos guerreiros vencidos alumneadas cunha candea. Pretendían así asustar ás pantasmas errantes e afastalas das súas casas. Tamén se tapaban con pelexos de animais e máscaras para burlar aos malos espíritos. 

O costume actual, do tempo de outono, de tallar caveiras nas cascas dos melóns ou das cabazas, e poñelas á noites nos currunchos e nos camiños é a lembranza das antigas tradicións celtas. Estendido aínda hoxe por aqueles países cun mesmo pasado celta, foi levado a América do Norte polos inmigrantes europeos e alí acabaría callando nas modernas celebracións do Halloween.

A festa cristiá de Santos e Defuntos que se conmemora o 1 de novembro, tería tamén a súa orixe nas celebracións do tempo do Samaín.

Outra das tradicións que se realizaban nestas datas, xa cando os celtas foron expulsados de Galicia, era a de deixar as mesas da cea sen recoller e as chemineas acesas para que as ánimas dos nosos defuntos colleran forzas tras o seu longo viaxe. Tradición que nos recorda á celebración mexicana do "día de muertos" da cal tamén falamos facendo fincapé en aqueles símbolos que unen a tradición céltica coa mexicana.

Finalmente reflexionamos sobre o carácter alleo á nosa cultura da festa de Halloween e decidimos facer un oco á nosa tradición deixando a mesa posta para os espíritos que visitasen a nosa escola na noite de Samaín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario