Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 31 de enero de 2017

Caramelos de Paz

Con motivo do día internacional da Paz e a non violencia, dende a clase de relixión quixemos endulzar un pouco este día, elaborando os nosos propios "Caramelos de Paz". Para iso, pensamos en cal sería o sabor que máis paz nos daría e sairon moitos sabores: caramelos de bicos, de abrazos, de axuda, perdón e ata de compartir. Puxémonos mans á obra e o resultado foi o seguinte: ricos ricos e cheos de moooita paz, como máis lles gusta a Pombiña e Xesús e a todos os que nos queren!.

lunes, 30 de enero de 2017

O nacemento do dragón

    Para conmemorar o Día da Paz, na clase de E.F. fixemos uns xogos cooperativos baseados no conto do nacemento do dragón. Un animal imaxinado polos nenos e nenas de China para acabar coas guerras, froito da unión dos diferentes animais que protexían aos diferentes pobos, un animal de paz.




jueves, 26 de enero de 2017

XOGANDO CO AYAGAG EN SAN XIÁN



    En San Xián estamos investigando sobre os esquimós: a súa cultura, onde viven, vestimenta,... Desta volta tocaron os seus xoguetes. Un dos máis coñecidos é o AYAGAG, unha especie de xogo de ensaio- erro, parecido ó balero.

Ayagag auténtico


Ayagag, estilo San Xián

E despois tocou xogar con eles. Ai van uns videos de mostra¡¡¡¡



lunes, 23 de enero de 2017

Preparando a horta en Sergude

Esta mañá os nenos e nenas da escola de Sergude puxémonos mans á obra e comezamos cos preparativos para montar unha horta ecolóxica no patio.

Contamos coa axuda indispensable dalgúns papás e mamás que nos explicaron e nos deron os pasos a seguir.

A tarefa mais importante de hoxe era buscar o lugar axeitado e preparar o terreo. Non foi tan doado como pensabamos, que ata tivemos que pedir que viñera unha pala do Concello e todo! Foi un día intenso pero moi divertido!


martes, 17 de enero de 2017

Preparando as nosas hortas

Esta mañá os nenos e nenas da escola de Sergude, Lestedo e Camporrapado puxémonos mans á obra e comezamos cos preparativos para montar unha horta ecolóxica no patio.

Contamos coa axuda indispensable dalgúns papás e mamás que nos explicaron e nos deron os pasos a seguir.

A tarefa mais importante de hoxe era buscar o lugar axeitado e preparar o terreo. Non foi tan doado como pensabamos, que ata tivemos que pedir que viñera unha pala do Concello e todo! Foi un día intenso pero moi divertido!

IMG_20170123_132922_860x645IMG_20170123_133825_860x645IMG_20170123_123346_860x645IMG-20170315-WA0008_860x638IMG-20170315-WA0012_860x638IMG-20170315-WA0009_860x638IMG-20170424-WA0041_860x645IMG-20170424-WA0043_860x645