Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 23 de enero de 2017

Preparando a horta en Sergude

Esta mañá os nenos e nenas da escola de Sergude puxémonos mans á obra e comezamos cos preparativos para montar unha horta ecolóxica no patio.

Contamos coa axuda indispensable dalgúns papás e mamás que nos explicaron e nos deron os pasos a seguir.

A tarefa mais importante de hoxe era buscar o lugar axeitado e preparar o terreo. Non foi tan doado como pensabamos, que ata tivemos que pedir que viñera unha pala do Concello e todo! Foi un día intenso pero moi divertido!


No hay comentarios:

Publicar un comentario