Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 30 de septiembre de 2016

Vendima en Sarandón

Onte 29 de setembro, "San Migueliño das uvas maduras..." na escola apareceu unha viña, puxémoslle os nomes, saboreamos as uvas, vendimamos, esmagamos, prensamos, coamos, envasamos, bebemos e convidamos a veciñanza a mosto polo campo da festa, mentras A gaita de Sarandón agasallaba ca música o baile das follas cas notas da requinta de Pepe.


vendima - Kizoa Editar Videos - Movie Make




                                                     Moitas grazas Pepe! 

Rematamos setembro en Sergude

Bee-bop é un pequeno robot co que podemos aprender os números, as letras... entre outras cousas.
 A mestra Carmen  trouxo o seu, para iniciarnos no mundo da robótica educativa. Gustóunos moitísimo!!!








        Para rematar setembro, estes son os dous murais que fixemos para decorar a nosa aula.



lunes, 26 de septiembre de 2016

San Xián: O outono con moito ritmo!

O grupo de infantil da escola de San Xián quérevos animar nesta nova estación.... o outono.






BO DIA!!!!!
HOXE COMEZAMOS CUN NOVO COMPAÑEIRO:

UN    CABALIÑO DO DEMO  NA AULA DE PRIMARIA EN SAN XIÁN

CANDO QUIXEMOS AXUDALA PÚXOSE A VOAR COMA UN HELICÓPTERO, PERO FINALMENTE A SOLTAMOS NO PATIO COA AXUDA DUN PAPÁ




miércoles, 21 de septiembre de 2016

O noso primeiro proxecto!


O grupo de tres anos da escola de San Fins, estamos a facer o noso primeiro proxecto: "Os sete ratos cegos"





Traballamos os días da semana a través deste conto, empregámolo na asamblea ao comezo da clase.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow customized with Smilebox

viernes, 16 de septiembre de 2016

ÁRBORE DA CLASE DE SAN FINS






Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow generated with Smilebox





Este ano fixemos a árbore da nosa clase, representando que somos un equipo que medra xunto, seguindo o obxectivo de alcanzar cada unha das regras da nosa clase.






sábado, 3 de septiembre de 2016

REUNIÓN DE PAIS/NAIS COMEZO DE CURSO


     Moi benvidos a tod@s, os que xa sodes veteranos no CRA e os que imos empezar unha nova andaina . Como sabedes o vindeiro LUNS 12 de SETEMBRO comeza de novo o cole e é por este motivo que dende o claustro do CRA queremos ter unha reunión informativa con vós para comentarvos quen son os novos mestres que veñen, como vai ser o período de adaptación para os nenso/as, proxectos que temos en mente,...  
     A data da reunión é o vindeiro XOVES 8 DE SETEMBRO ÁS 19:30 no local sociocultural Camilo José Cela en Lestedo,situado no campo da feira no local encima da Escola Infantil Municipal "Raiña Lupa" de Lestedo, onde tamén está a Sede do CRA.

    Agardamos que poidades vir. Vémonos alí¡¡¡¡¡¡¡