Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN NO C.R.A

Hoxe celebramos o Samaín no C.R.A e para iso levamos ás escolas cabazas decoradas coa axuda das nosas familias. Quedáronos terroríficas!!

 Disfrazámonos para este dia enchendo as escolas de bruxas, vampiros, esqueletos, zombies,.....e moitos monstruos!!!

Nos mesmos preparamos as nosas merendas de Samaín e para iso fixemos: tumbas, pantasmas, arañas, vasoiras, ollos sangrientos, riquísimas pizzas con formas monstruosas,.....e moitísimo máis.


E o máis importante deste día é que pasámolo de MEDO!!

viernes, 26 de octubre de 2018

PASABODEGHIÑAS 2018

Como tódolos anos por esta data os nen@s do CRA Boqueixón-Vedra celebramos o Pasabodeghiñas  ( o noso magosto).
Primeiro disfrutamos da actuación dos Ghazafellos que amosaronnos os seus traxes tradicionais, tocamos os instrumentos, cantamos e bricamos con eles...
Despois na Adega de Cabaleiro merendamos unhas ricas castañas asadas...Mmmm estaban deliciosas!!
Continuamos cara a Adega de González onde pasámolo en grande cos xogos populares... e para rematar o gran día degustamos a rica rosca que nos tiñan preparada nesta Adega.



Miles de grazas a tod@s os que facedes posible este dia.

sábado, 20 de octubre de 2018

As Apps no mediambiente!!

Botamos a andar un proxecto con varias partes: en primeiro lugar buscamos información, fixemos unha posta en común e aprendemos a usar apps, en concreto: plant@net e códigos QR. A primeira axúdanos a identificar árbores, follas, froitos... e cos código QR, engadindo información ou claquera outro enlace de interese co que traballar...neste caso, o castiñeiro do patio da escola.


jueves, 18 de octubre de 2018

Reutilizando

Para poder reducir que mellor que reutilizar. Nesta ocasión reutilizamos tapóns, fotocopias e papel de embalaxe de paquetes de mensaxería.

martes, 16 de octubre de 2018

Máis recolleita!!

Esta semana tocou recolleitar e repartir para levar para a casa, que tamén é moi importante, perixel,  ceboliño, tomillo e "mejorana" que sirve para facer unha infusión para a dor de barriga.

lunes, 15 de octubre de 2018

De paseo pola contorna!!

Hoxe, aproveitando o bo tempo saímos a dar un paseo pola contorna para desfrutar e aprender do que nos rodea. Non nos esquecimos dos nosos manuais de investigación, as guías e grandes consellos como o de non tocar nunca as setas nin o que descoñecemos. Descubrimos unha alfombra de menta no patio, piñas verdes, investigamos setas e coñecimos unha nova que antes non viramos: a seta de carballo. En definitiva, unha maneira diferente de aprender co noso e do noso.

viernes, 12 de octubre de 2018

Caixa de outono

A nosa caixa de luz ten unha cor especial acorde ao tempo no que nos atopamos, o outono. Deste xeito, aproveitando os moitos materiais da natureza que atopamos no patio, fixemos creacións para traballar as formas, texturas, tamaño, procedencia...

miércoles, 10 de octubre de 2018

A plantar e a recoller!!

Aínda que ven o outono non paramos de traballar. Netsa ocasión plantamos coles e recolleitamos amorodos e frambuesas.

sábado, 6 de octubre de 2018

Navegando na exposición Cultumar

Visitamos a exposición o mércores 5 pola tarde coas familias. Tivemos como guía a Dane Niñez, membro da organicación e que nos explicou as distintas embarcacións. Admiramos o Obradoiro e a catedral e antes de marchar fixemos a nosa aportación entregando as barcas que fixeramos pola mañán na escola. Dane colocounas sobre a lancha do Ulla. Alí quedaron as barcas, navegando no mar de pedra do Obradoiro. Despois camiñamos polo Franco contemplando os productos do mar nos restaurantes. Cruzamos a Porta Faxeira cara a Alameda, subimos pola carballeira da Santa Susana ata a Ferradura, admiramos a estatua de Rosalía e baixamos cara a Residencia Universitaria onde merendamos ata que o sol agochouse detrás dos cotos no seu de altar cara o mar. Voltamos para a casa ca certeza de ter feita unha descuberta.




Fachenda do noso patio na escola de Sarandón

No seguinte enlace poderedes ver un resumo de como pasaron as vésperas do S.Miguel na escola de Sarandón...


As nosas creacións artísticas!!

Empregando diferentes técnicas plásticas e con diferentes recursos e materiais da natureza, levamos a cabo diversas creacións con un resultado máis que vistoso.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Seguimos a ser xenerosos e continuamos repartindo a nosa colleita

No día de hoxe, logo de repartir as ceboletas que collimos na nosa horta do cole, representamos en papel todo este traballo da recolleitar e logo ver como toca a cada un. Non hai mellor cousa que aprender coa propia vida, coa nosa experiencia.

De cumpleanos por Sarandón

Pouco máis de 15 días de clase e xa dou para moita festa por Sarandón. Tivemos dous días de cumpleanos, dúas compañeiras que se nos fan grandes, unha veterana e outra recén chegada á familia do CRA. Parabén a ámbalas dúas, pasamos un gran día,non faltou pedir un desexo, a felicitación especial do profe Antonio e a degustación de esas tartas tan ricas. Grazas ás familias por axudar a que este día sexa tan especial....xa estamos pensando en facer concurso de tartas...que nivel vos hai por aquí!!

lunes, 1 de octubre de 2018

Aprendendo de primeira man coa nai natureza.

Collemos as vainas secas e verdes e separamos as sementes para plantar para a vindeira primavera. Deste xeito, aproveitamos para coñecer a fisionomía da planta en primeira persoa. De seguido xogamos coas matemáticas e repartimos máis allos  que recolleitamos.