
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema

lunes, 15 de octubre de 2018
De paseo pola contorna!!
Hoxe, aproveitando o bo tempo saímos a dar un paseo pola contorna para desfrutar e aprender do que nos rodea. Non nos esquecimos dos nosos manuais de investigación, as guías e grandes consellos como o de non tocar nunca as setas nin o que descoñecemos. Descubrimos unha alfombra de menta no patio, piñas verdes, investigamos setas e coñecimos unha nova que antes non viramos: a seta de carballo. En definitiva, unha maneira diferente de aprender co noso e do noso.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario