Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 27 de junio de 2016

LIBROS E MATERIAL CURSO 2016- 2017


        O remate dun curso significa tamén que xa queda menos para que comece outro, por iso vos remitimos o material e os libros de texto que van necesitar os vosos fillos/as para o curso que vén. Fixádevos porque non é o mesmo para todas as escolas.
        As escolas de Sergude e Camporrapado non terán libros de texto para o vindeiro curso, agás o libro de inglés que será o mesmo que o dos demáis nenos/as desa idade do CRA.

Avisarvos tamén que coma todos os anos a ANPA do centro poñerase en contacto con vós xa que todos os anos organiza a compra conxunta do material¡¡¡

 LIBROS 5 ANOS LIBROS 3 ANOS



          LIBROS DE TEXTO
 LIBROS 4 ANOS
LIBROS PRIMARIA

MATERIAL FUNGIBLE



jueves, 16 de junio de 2016

CALENDARIO ESCOLAR 2016/17



      Estamos a piques de rematar un curso pero tamén é certo que xa queda menos para empezar outro¡¡
      Como todos os anos a Consellería publica no DOG a Orde pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso.Así o pasado 15 de xuño saiu publicada a do curso 16/17, que podes consultar na súa totalidade premendo na imaxe seguinte:
  
     As clases comezarán de novo o 12 de setembro, ainda que antes faremos a xuntanza de primeiro de curso para falarvos do novo profesorado, período de adaptación e demais. No calendario que vén a continuación tamén podes consultar as datas dos días festivos e non laborables que hai ó longo do curso, agás os festivos locais que decidiremos en claustro a primeiros de setembro.




lunes, 13 de junio de 2016

UN NOVO NÚMERO DA REVISTA DO COLE


   Como todos os anos por estas datas sae a luz un novo número da nosa revista escolar "Rukutrú", onde vos daremos conta dalgunhas das cousas que fixemos este ano. Algunhas delas xa volas contamos aquí no blog e outras non pero así falamos das cousas máis interesantes.
   Farémosvos chegar un exemplar en papel por familia pero os que estades nas novas tecnoloxías, aí vos vai en primicia¡¡¡

martes, 7 de junio de 2016

Gracias por darme todo o que necesito!

Xa rematado o mes de maio, na clase de relixión foi un mes moi especial, xa que conmemoramos moitas cousas: o día dos traballadores, o día da familia, día da ascensión, o día da mamá, o mes das flores, o mes de María e moito máis. En todas estas celebracións había moita xente que aos nenos e nenas querían felicitar, e démonos conta que case sempre eran os mesmos, así que decidimos facerlle algo especial a estas personas que tanto fan por nós e que nos dan todo o que precisamos. Dado que era o mes das flores, que mellor que unhas flores feitas por nós, con hueveras. Primeiro pintaron os cartóns, logo montámolas e de seguido fixeron uns diplomas para acompañar as flores. Nestes diplomas poñía unha frase onde cada neno e nena agradecía a esa persona especial que eles mesm@s escolleron, o que fai por eles e o importante que é, xa que  o futuro de cada un e o xeito de ser persona seguro que dependerá da influencia que se faga sobre cada un deles. De ahí a frase que acompañaba: " De tu mano voy a aprender lo que mañana voy a ser". Esperamso que vos gustara!!!




viernes, 3 de junio de 2016

Dentro da caixiña había...

Na Xornada de onte durante a visita á casa de Neira Vilas, os mestres do CRA puxeronnos deberes logo de asistir á representación teatral da esecea “O rebusque” de Memorias dun neno labrego.

Estes deberes consistían en  soñar que pensabamos cada un que habería dentro da famosa caixina que a riada lle levou a Balbino.

Como na escola de San Xián somos moi guieiros, hoxe pola maña todos tiñamos unha idea de que podía haber dentro da caixa: unha pelota, o arco da vella, un oso para Pachín, …


Mellor que o vexades vos mesmos.

jueves, 2 de junio de 2016

A XOANIÑA

O REBUSQUE

NA CASA DE NEIRA VILAS

   Hoxe, o CRA. Boqueixón-Vedra, 
foi rendir unha pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas e a súa muller Anisia Miranda 
ata a parroquia de Gres.
Fixemos entrega duns pequenos agasallos para a colección de xoguetes de Pepe e cantamos a canción do poema da xoaniña e  os xenerais fixeron os atranques na súa honra.
Ali tivemos a oportunidade de contar co espectáculo do Mago Christian e co teatro de sombras, baseado na obra Memorias dun neno labrego, na escena do rebusque. Adaptación feita e interpretada polo profesorado.
   
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own photo slideshow