Na Xornada de onte durante a visita á casa de Neira Vilas, os
mestres do CRA puxeronnos deberes logo de asistir á representación teatral da
esecea “O rebusque” de Memorias dun neno labrego.
Estes deberes consistían en soñar que pensabamos cada un que habería
dentro da famosa caixina que a riada lle levou a Balbino.
Como na escola de San Xián somos moi guieiros, hoxe pola maña
todos tiñamos unha idea de que podía haber dentro da caixa: unha pelota, o arco
da vella, un oso para Pachín, …
Mellor que o vexades vos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario