Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 31 de marzo de 2019

Compartindo na USC o noso día a día no CRA!!


O noso maior agradecemento a Dona Carmela Cambeiro Lourido e Don Antón Costa Rico por falar con tanto agarimo do noso centro e facernos sentir como na casa. Seleccionando a seguinte imaxe poderedes saber un pouco máis do que foi esta nova expeciencia.

http://www.edu.xunta.gal/centros/craboqueixonvedra/?q=node/161



sábado, 23 de marzo de 2019

Saída 21 de Marzo

O xoves 21 de marzo volvemos a sair da escola e xuntarnos cos nosos compañeiros do C.R.A, no Centro de Cabalo de Pura Raza Galega, en Sergude!!
Alí vimos unha pequena exhibición de cabalos de Pura Raza Galega. Encantóunos ver como facía reverencias, se escondia, bailaba,...Incluso puidemos acaricialo!!
Despois fomos camiñando ata o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal, no cal vimos como nacian uns poliños, as vacas, cabras,galos,....e un montón de cousas máis.
Descansamos a sombra das árbores mentras tomamos as nosas merendas, e xa de seguido, acompañaronnos Anxo Moure e Servando Barreiro co seu acordeón Fixeronnos bailar, rir, cantar, acariñar as árboes,... e sobretodo gozar moito deste Gran Día!!

Moitas Grazas a tod@s!! Incluidos os alumn@s do Centro de Formación e Experimentanción Agroforestal, que nos agasallaron a cada un de nos cunha pequena árbore ou arbusto para levar para casa e para as nosas escolas.

Grazas por Tanto!!!!!!!

viernes, 22 de marzo de 2019

Concienciéndonos da importancia da comida san

Como sempre non podemos dar máis que grazas aos nosos papás e mamás, sempre dispostos a botar unha man para o que faga falta. Nesta ocasión tocou poñer a andar a horta, plantando e aprendendo de onde saen as cousas e a importancia de comer san. Xa nos tarda a colleita.

miércoles, 20 de marzo de 2019

CONVIVENCIA NO C.R.A

Hoxe tivemos un gran día, xuntámonos todos os nen@s  do CRA na escola de Lestedo para compartir unha xornada moi divertida e especial.

Para iso participamos en tres obradoiros:

Un deles de Animación á lectura con Mar Benegas (escritora e poeta, especialista en lietratura infantil e xuvenil), foi estupendo coñela e participar dos seus contos. Ecantounos!!

Outro foi o taller de Luz;  da man do mestre Antonio experimentamos e xogamos coa luz e coas suas infinitas posibilidades.

Tamén fixemos un de Arte, no cal plasmamos os nosos debuxos nun papel continuo e abrigamos pauciños con lá descubrindo distintas texturas e recitando pareados.

E como non podía ser doutro xeito,  xogamos e brincamos no patio coñecéndonos tod@s un pouquiño máis.

Foi un día XENIAL!!! Pasámolo en GRANDE!!


domingo, 17 de marzo de 2019

Pasarrúas entroideiro

Seguindo as tradicións entroideiras, aquí tedes outro exemplo: Na Escola de Camporrapado organizaron un pasarrúas que foi amenizando as casas e veciñanza coas súas cancións. As rúas enchéronse de risas e da algarabía da rapazada!!!Gracias a tod@s os que fixéstedes posible esta actividade.




viernes, 15 de marzo de 2019

O TRADICIONAL BURRO ENTROIDEIRO

Viva o Entroido, viva o CRA e viva a tradición. Este ano as Escolas fóronse enchendo dos xa tradicionais burros de Entroido. Tiñan algo de pereza en vir pero enseguida se puxo en marcha a tremenda maquinaria imaxinativa de moitos, e pódovos asegurar que a sorpresa e a alegría inundaron todas e cada unha das Escolas. Moitísimas gracias a tod@s os que fixestes esto posible.

TALLER DE MAQUILLAXE EN SARANDÓN E LESTEDO

David, o padriño de Enzo Martínez, ofreceuse gratuitamente a facer uns talleres de maquillaxe en dúas escolas ( o tempo non lle daba para máis)
Pinturas superespeciais, hipoalerxénicas, música de fondo... E o resultado foi fantástico.
Primeiro debuxamos os bocexos do que queriamos pintarnos na cara e despois David reproduciuno nas nosas cariñas. O resultado aquí volo amosamos.

miércoles, 6 de marzo de 2019

Os Bolechas en Sergude

A semana pasada tivemos unha inesperada visita do mais divertida e coa que ademais aprendemos un montón! Viñeron os Bolechas a visitarnos e a contarnos cousas sobre os RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), o que facer con eles e onde depositalos si temos que tiralos (son moi contaminantes e hai que ser moi precavidos/as!). Agasalláronnos con uns contos dos Bolechas e os RAEE para nós e para a biblioteca do CRA, pegatinas, carnés, cuadernos...! Moitas grazas pola visita e polos agasallos!

Festival de Entroido 2019

Despois de moitos preparativos, ensaios e mais ensaios, nervios, risas e ganas de festa... chegou o gran día do festival de Entroido! 
Entre todos e todas fixemos unha pequena representacion do tradicional Entroido da Ulla. Abandeirados, Correos, Xenerais, os Coros de Bonito e de Vellos, as parrandas e unha charanga animaron a festa, con un colofón final de atranques e vivas da man dos nosos pequenos e pequenas Xenerais! 
E para rematar o día de festa, unha rica merenda entroideira acompañados/as das nosas familias!
Grazas a todos e todas por participar e colaborar para que este día fose tan especial!
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do festival.







lunes, 4 de marzo de 2019

Os nosos montes no festival de entroido.

Logo de moito traballo, moitos nervos pero tamén de gañas de pasalo ben celebramos o entroido de este ano sobre o "Entroido da Ulla". Como non podía ser douro xeito, as parrandas tiveron temática relacionadas cos nosos montes e incluso a charanga que nos acompañou, daescola de Sergude, levaba por título os ferticultores. O que pasa é que neste centro a cabeza non para e a horta e o coidado do noso témolo moi presente.

E para rematar o día de festa, unha rica merenda entroideira acompañados/as das nosas familias!

Grazas a todos e todas por participar e colaborar para que este día fose tan especial!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do festival.




[youtube J6nSbu9QFpw nolink]