A VIAXE A APÍPOLIS
O pasado martes estivemos todo o día de excursión nas instalacións de Apípolis.
Este centro, situado a só 3 km de Pontevedra, trata de dar a coñecer de xeito lúdico, as relacións existentes entre as abellas e os humáns e de concienciar aos nenos da importancia que estes seres pequechos teñen na conservación do noso medio natural.
Os nosos alumnos/as, repartidos en grupos reducidos, visitaron acompañados de monitores-guías, as múltiples salas de exposición de que dispón o recinto.
Estaban ansiosos por entrar no apiario, vestidos de abelleiros.
Aínda que a visita ao apiario foi unha das actividades preferidas, tamén disfrutaron envasando mel dun panal.
Quedou tempo ata de facer galletas con mel; xa deben ser uns expertos axudantes de cociña!
Despois de xantar, aproveitaron para facer xogos ao aire libre, cancións e danzas.
Moitos deles, acabaron tan cansadiños que aproveitaron a viaxe de regreso para botar una cabezadiña. Ata a próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario