Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 25 de noviembre de 2016

Por sempre Balbino, para sempre Neira Vilas


    Hoxe os nenos/as de primaria do CRA foron ata Gres para participar nun acto na memoria do noso benquerido Dn. Xosé Neira Vilas polo cabodano do seu pasamento.
    Chegamos alí nunha fría pero increible mañán que semellaba escollida para nós. Non estabamos sós. Acompañábanos o gran músico Roi Casal que nos agasallou cun concerto de arpa para nós sós.
     Despois de ensaiar un pouco chegaron as autoridades e comezou a nosa actuacción: recitamos dous poemas e cantamos a canción da Xoaniña andeira.
     Un gran día que rematou cun batido na de Rafael en Ponteledesma, o agasallo do libro inédito de Neira Vilas " Quique na aldea" e un cento de cousas que contar.





25 de Novembro Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow personalized with Smilebox

lunes, 21 de noviembre de 2016

Divertímonos valorando aos demais!!

Na clase de relixión e antes de comezar co noso tema estrela do curso, O Nadal, fixemos un xogo que nos permitiu aprender moitos valores, tan importantes no día a día. Con este vídeo queremos amosarvos un pequeno resumo de como o levamos a cabo.

O noso zapateiro con material reutilizado

Non paramos de mirar polo ben do noso entorno e da nosa saúde. Como sabedes, en moitas das escolas do CRA temo botas para poder disfrutar nos días de inverno dos nosos patios e para iso aproveitamos unhas caixas de froitas que unha mamá de Sergude nos dou, para facer uns bonitos zapateiros, e deste xeito non ter que empregar máis reutilizados. A que nos quedaron chulos?!!IMG_20161024_134713_860x645 IMG_20161024_134724_860x645IMG_20170130_135659_860x645

sábado, 19 de noviembre de 2016

Visita ao Museo de Historia Natural da USC

[youtube https://youtu.be/tZVDOancSbk nolink]

Con motivo da visita ao Museo de historia natural da USC preparamos este vídeo para que vos fagades unha idea do que alí vimos e sobre o que nos falou un guía de excepción, o profe Antonio. Darlle a noraboa a todosos que fixeron que este museo sexa unha realidade, tanto pola súa calidade como cantidade do que alí nos podemos atopar. Esperamos que vos guste.

lunes, 14 de noviembre de 2016


"CONTANDO EN FEMININO" 
   O alumnado do Cra Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” recibirá a visita de Ana Hermida, sesión dobre durante tres días, para achegar aos nosos nenos/as un mundo de contos cheos de mensaxe e diversión para concienciar na igualdade e violencia de xénero. É unha iniciativa da Anpa Val do Ulla do Cra Boqueixón-Vedra.
   


Serán contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

sábado, 12 de noviembre de 2016

O ROBOT QUE BARRE AS COUSAS MALAS

Na clase de relixión, comezamos este curso coa nosa querida pombiña pero tamén coñecendo un conto sobre o que lles aconteceu a uns nenos nunha escola. Uns nenos que construíron un robot que falaba e quería unha escoba... para qué? pois para barrer as cousas que facían os nenos e que non lles gustaban nin a Xesús, nin a papá, nin a mamá, tampouco aos avós e en definitiva, a todos os que nos queren. Como nos gustou a idea fixémos un para a nosa clase e tamén quixemos levalos para a casa, por iso estos días levamos un robot, ao que lle puxemos o nome que máis nos gustou e a ver si deste xeito, na casa e na escola conseguimos barrer todas as cousas que non nos gustan e que están feas, conseguirémolo? pois por intentalo non quedará....Imos alá!!!!

viernes, 4 de noviembre de 2016

A mochila das legumes!

Xa encamiñado o primeiro trimestre, dende o equipo de biblioteca puxeron a andar a mochila temática, que como saberedes versa sobre as legumes. Esta mochila visitará todas as escolas do CRA ao longo do curso e poderes desfrutar cos seus contos, vídeos e moitas actividades.

IMG-20170207-WA0003

miércoles, 2 de noviembre de 2016


E CHEGOU O SAMAÍN

 
O xoves pasado celebramos o Samaín na clase e pasamos unha xornada moi especial. Viñemos á escola disfrazados de demos, esqueletos, bruxas e vampiros. A media mañá preparamos os nosos almorzos nun taller de cociña. Fixemos cabazas, fantasmas, gorros e vasoiras de bruxa, e sándwiches terroríficos. Tamén houbo toda a semana unha exposición coas nosas cabazas e ao final do día, coas luces apagadas, prendimos aquelas que tiñan velas. Foi Unha xornada moi emocionante!!!



















































Saída Parque Europa e Auditorio

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a picture slideshow