E CHEGOU O SAMAÍN
O xoves pasado
celebramos o Samaín na clase e pasamos
unha xornada moi especial. Viñemos á escola disfrazados de demos, esqueletos, bruxas e
vampiros. A media mañá preparamos os
nosos almorzos nun taller de cociña. Fixemos cabazas, fantasmas, gorros e vasoiras de
bruxa, e sándwiches terroríficos. Tamén
houbo toda a semana unha exposición coas nosas
cabazas e ao final do día, coas luces
apagadas, prendimos aquelas que tiñan
velas. Foi Unha xornada moi emocionante!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario