Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 22 de mayo de 2019

Regando a nosa horta

Temos regadeira nova e que mellor xeito de facer usa dela na nosa horta. En nada xa estaremos comendo das nosas colleitas.

viernes, 17 de mayo de 2019

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

Queremos compartir con vós o fantástico traballo que fixemos desde todas escolas do CRA para conmemorar o Día das Letras Galegas en colaboración co Concelo de Vedra.
Pensamos a palabra que máis nos gustaba, que nos sonaba máis fermosa e tivemos que chegar a consenso para elixir " A NOSA PALABRA MÁIS FERMOSA". E como pon o vídeo ao final....CAL É A TÚA??
Desfrutádeo coomo nós disfrutamos facéndoo. 
                                                                                                                                                                                                                       

jueves, 16 de mayo de 2019

Trasplantando a nosa colleita

Non paramos de traballar para ter a nosa horta ben coidada e poder desfrutar dos productos cos que nos agasalla.

miércoles, 15 de mayo de 2019

Listaxe definitiva de admitidos para o vindeiro curso 2019-2020

Presentamos a listaxe definitiva do alumnado admitido para o vindeiro curso 2019-2020. Para calqueira dúbida podedes chamar ao teléfono 616440471, por correo electrónico no enderezo cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es ou ben dirixíndovos a calquera das nosas escolas. Ata pronto!!

DÍA DA FAMILIA

Hoxe, 15 de Maio do 2019, queremos acordarnos especialmente das nosas familias,esas que tanto queremos e admiramos.
Para iso  elaboramos uns acrósticos cos nosos nomes nos cales reflexamos moitos aspectos positivos de nos mesmos, incluso ánimamonos con versos.

Feito con moitísimo cariño, esperamos que vos gusten.


domingo, 12 de mayo de 2019



O TALLER DE CARMEN, A SUPERHEROÍNA CEGA

O mércores 8 de maio pasamos un rato ben especial con Carmen, que veu a Lestedo cunha maleta chea de xogos que todos coñecíamos, pero algo tranformados, adaptados para que os nenos e nenas ceg@s poidan xogar e aprender todo o que precisan para desenvolverse na vida coa máxima autonomía posible.

Coñecimos o Sistema Braille a través do boneco Braillín e de libros con moitísimas texturas, cores, letras e puntiños. Xogamos cunha pelota sonora, intentamos averiguar co olfato a cor de rotuladores que ulen  (amorodo-vermello, limón-amarelo, menta-verde, …). Puxemos antifaces e camiñamos coa axuda dun bastón máxico e plegable. Escoitamos un teléfono móbil que non paraba de falar rapidísimo e escribía ao ditado. Averiguamos para que servían os sonidos dalgúns semáforos e dos cambios nas baldosas das beirarrúas e que ata se podía andar en bici sen ver.





Carmen demostrounos que polo camiño da vida andan moitos superheroes sen capa. Moitas grazas e ata outro día.

lunes, 6 de mayo de 2019

Os vermes de seda

Un ano máis estamos a traballar e coñecer o proceso dos vermes de seda.  Observarémolos e iremos facendo os rexistros dos cambios e avances que vaian sucendendo no crecemento de estos vermes.

jueves, 2 de mayo de 2019

Xogando a coidar a horta

Hoxe Martín tróuxonos un xogo super chulo de #brazolinda"A Horta dos Caracois"'. É un xogo colaborativo, no que de 4 en 4 temos que intentar recoller os froitos da horta antes de que os caracois se extendan Pola Horta e gañen eles! Gustounos moito! Xa estamos a pensar en compralo para a escola.

miércoles, 1 de mayo de 2019

TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL

Todas as escolas do CRA tivemos a sorte de participar nuns talleres de música e baile tradicional a cargo das Asociacións San Campio de San Miguel de Sarandón e Mestre Manuel Gacio de Lestedo. 
Os seus mestres: Gustavo, David e Andrea fixéronnos tocar, bailar, sudar e por riba de todo disfrutar.
Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos e de todo o que aprendimos.
Moitísimas gracias chic@s por facernos valorar un pouco máis o noso, a tradición e A MÚSICA!!!