Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 29 de mayo de 2020

UNHA SEMANA MÁIS!

BOS DÍAS!
Nesta entrada do blogue, unha vez máis, deixamos o resumo dos retos da última semana coas seguintes temáticas: VALORES-RELI, ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE, MOVEMENTO, LECTOESCRITURA E ARTE.
De novo dar as grazas os nosos alumnos e alumnas e as súas familias.
Unha aperta e morea de bicos!


martes, 26 de mayo de 2020

OS NOSOS RETOS

BOS DÍAS!
Nesta entrada do blogue deixamos un resumo dos nosos retos dende o 11 ata o 15 de Maio, moitas grazas as familias pola súa colaboración e os nenos e nenas pola dedicación e o seu esforzo.
Unha aperta e moreas de bicos!

lunes, 25 de mayo de 2020

Fachenda de horta!!

Así temos a nosa horta actualmente. E mesmo algún exalumno botando unha man. Graciñas!

Premendo na seguinte imaxe, veredes un vídeo de como está a nosa horta.

martes, 19 de mayo de 2020

Unha aperta para tod@s!!


Despois de máis de 2 meses, na que os nenos e nenas traballaron moi duro e seguro que tamén se botaron de menos. Decidimos facer un vídeo para que se puideran saudar e mandar unha mensaxe. Si ben é verdade que cada semana podemos ver aos amigos e amigas nos vídeos que dende o centro se montan cada semana. Este vídeo é un pouquiño máis especial xa que vai cargado de moito ánimo, cariño e bos desexos para gran a familia do CRA Boqueixón Vedra "Neira Vilas". Aquí está o resultado... alegrámonos moito de vervos tan ben e tan guap@s!!

ESCOLA DE S. XIÁN:

ESCOLA DE CAMPORRAPADO:


ESCOLA DE S. FINS:


ESCOLA DE LESTEDO:


ESCOLA DE SARANDÓN:


ESCOLA DE SERGUDE:







lunes, 18 de mayo de 2020

UNHA SEMANA MÁIS!!

BOS DÍAS FAMILIAS!!

No vídeo desta semana facemos un resumo da posta en práctica por parte do alumnado dos retos dos días 4 ó 8 de Maio!
Unha vez máis grazas pola colaboración de cada un dos nenos e nenas das escolas do CRA e as súas familias.
Un saúdo.




viernes, 8 de mayo de 2020

OS RETOS

BOS DÍAS!
Comezamos o terceiro trimestre cunha nova aventura no noso CRA, o traballo de RETOS DIARIOS onde se propoñen distintas actividades das seguintes temáticas: lectoescritura, cociña, estimulación da linguaxe, movemento, danza musical, valores-relixión, ciencia, loxicomatemática, inglés ou arte.

No vídeo desta semana facemos un resumo da posta en práctica por parte do alumnado destes retos dos días 24 ó 30 de Abril, esperemos que vos emocione igual que a nós e darvos as grazas pola actitude e participación.

Un saúdo e moreas de bicos.
E non esquezades o máis importante "TODO SAIRÁ BEN"

lunes, 4 de mayo de 2020

DÍA DO LIBRO

Neste día do libro tan diferente tivo unha gran acollida a proposta feita ás familias desde a biblioteca do centro. Premendo sobre a imaxe poderedes desfrutar dos contos lidos pol@s compañeir@s de todo o Cra.


https://www.youtube.com/playlist?list=PL_VaghyPH1wb0NUrdLDU0cN_1BI2g0FoP

EN CUARENTENA

SEGUIMOS EN CUARENTENA...😞😷
Moito ánimo que xa queda menos!!! Unha semaniña mais de traballo na casa! Grazas a todos e todas polo voso esforzo e implicación. Aquí vos vai un pequeno resumo dos vosos traballos. Unha semana menos para vernos!