

Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
E para rematar a semana imos cunha actividade creativa do instagram de @teachingtachan: un abecedario reciclado. A idea é crear con elementos naturais e de refugallo as diferentes letras do alfabeto. Podemos comezar polas letras do noso nome e despois ir engadindo outras. Despois, podemos facer fotos das mesmas e imprimilas e traballar con ese abedecario propio para construír palabras. Déixámosvos esta imaxe a modo de exemplo. Boa fin de semana a todos/as!!!
Ola familia!
Dende a casa tamén seguimos a traballar a concienciación sobre o coidado do noso entorno. Para iso ofrecemos aos vosos fill@s un par de vídeos sobre a reciclaxe e un xogo online de SOGAMA.