O venres 31 de maio fomos de excursión a Santiago visitar o Museo do Pobo Galego.
Alí participamos dunhas actividades moi divertidas. Dentro do Museo agardábannos unha morea de pistas, que tiñamos que ir resolvendo, descubrindo así utensilios e tradicións da nosa cultura galega.
Pouco a pouco andabamos mais preto de alcanzar a nosa meta que era atopar os tan ansiados Gazafellos!!...Queríamos descubrir cal era o seu aspecto! xa que cada un de nos tiña a sua idea de como son.
Finalmente chegamos a meta e alí atopamos uns monequiños de Gazafellos que eles mesmo nos deixaran!!e así poder levar para as nosas escolas. Para nos a ilusión e motivación foi máxima!!
Tamén xogamos no parque de Bonaval a atrapar os Gazafellos. Estes seres máxicos escóndense moi ben....Ainda así a máis de un pareceulle verlos pasar.....
Un día do máis divertido!!
Seguiremos moi atentos por si os vemos!!
Genial!
ResponderEliminar