Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 27 de febrero de 2017


SEMANA DE ENTROIDO EN

LESTEDO

A semana de entroido éée sempre moi entretida.

O primeiro díia apareceu na porta un burro de palla inesperado. Quen o mandariía?

 



  

A mediados de semana tiveron a sorte de almorzar filloas, grazas a Laura e a súua nai.

 






Os nenos/as fixeron todo o que propuso o burro manda.

 











Andiveron enfrascados decorando maáscaras.

 












E o venres, o díia grande, celebraron o festival, con pasarrúuas e merendola incluidas. Queé ben o pasamos!!!

Graciññas a Sabela e Lucííia pola axuda prestada.

 

jueves, 16 de febrero de 2017

ADMISIÓN 2017-2018



  O vindeiro 1 de marzo e ata o 20 de marzo comeza o prazo para solicitar plaza nos centros de ensino para os novos alumnos/as. Queremos dende aquí convidarte a que te achegues as nosas escolas: Camporrapado, Sergude, San Fins, San Xián, Lestedo e Sarandón e nos coñezas mellor, nos preguntes e coñezas o noso xeito de traballar. Somos moi descoñecidos e queremos ser unha das túas opcións para escolarizar o teu fillo/a.
Non o dubides, chámanos ó  616440471 ou envíanos un mail: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.ese concertamos unha visita. Agardámoste¡¡¡
Ah, e os que xa nos coñecedes falade ben de nós¡¡¡ Graciñas

domingo, 5 de febrero de 2017

Sergude e os preparativos da horta

Mentres o sol nos acompañou e antes de que este tempo invernal chegase, algúns nenos e nenas, acompañados polas suas familias, colaboraron montando uns bancais no patio da escola. Foi un día intenso e de moito traballo! A todos e cada un de eles moitas grazas polo esforzo! Agora todos e todas podemos empezar a disfrutar e aprender con este proxecto.


jueves, 2 de febrero de 2017

www.edu.xunta.es/admisionalumnado

A admisión a centros educativos poderá facerse a través dunha aplicación informática
A Consellería de Cultura e Educación publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a modificación da orde de admisión pola que se implanta unha nova ferramenta informática, que ten como obxectivo facilitar a xestión de familias e centros


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde que modifica a aprobada o 12 de marzo de 2013, e na que se contempla a implantación dunha nova aplicación informática que empregarán os centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para xestionar o procedemento de admisión e a través da que os proxenitores, se así o desexan, poderán cumprimentar e presentar as solicitudes  para escolarizar aos seus fillos e fillas. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.  A nova orde pode consultarse no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_gl.html
A modificación leva consigo, ademais, a adaptación do proceso de admisión á última normativa aplicable ao respecto no referido aos servizos de administración electrónica e de procedemento administrativo común (en vigor dende outubro de 2016). En calquera caso, a finalidade é facilitar e axilizar a tramitación.

Solicitude e seguimento

O obxectivo desta nova ferramenta é facilitar o procedemento de admisión tanto ás familias como aos centros de ensino.
Neste sentido, ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) posibilita que as familias (xa para o proceso ordinario  que se inicia o 1 de marzo e referido ao curso 2017/18) cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do/a proxenitor/a asinante.
Pola súa parte, os centros de ensino xestionarán e tramitarán as solicitudes directamente a través da aplicación, o que suporá simplificar a xestión administrativa que teñen que desenvolver no proceso. Para facilitar o coñecemento e funcionamento da nova aplicación ofreceuse previamente á súa implantación, formación aos centros docentes sobre o seu manexo e, así mesmo, contarán con instrucións específicas sobre o seu funcionamento e disporán de asistencia técnica durante a tramitación do procedemento.

Consulta de datos

Por outra banda, a orde publicada hoxe adáptase á normativa actual en materia de servizos electrónicos e procedemento administrativo. Deste xeito, a través dos modelos normalizados de solicitude a cidadanía pode facer efectivo o seu dereito a non achegar documentos que, sendo necesarios para a tramitación do procedemento, fosen elaborados polas Administracións públicas, consentindo a súa consulta a na propia solicitude nos termos esixidos pola Lei Orgánica de Protección de datos de carácter persoal.
Concretamente, dos requisitos e criterios de baremo que se teñen en conta no procedemento de admisión, está dispoñible a consulta automatizada para o DNI (requisito xeral que afecta a todas as solicitudes). Tamén se pode consultar a renda, o domicilio fiscal, a discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia e a condición de familia numerosa; consultas que só se producirán naqueles casos en que o número de solicitudes sexa superior ao de prazas ofertadas.
Se a persoa solicitante ou calquera dos membros da unidade familiar se opón á consulta, terá a obriga de acreditar o requisito ou criterio de baremo achegando a documento de forma presencial para poder telo en conta e, se é o caso, puntualo.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

ATENDENDO A NORMATIVA VIXENTE SOBRE ADMISIÓN DE ALUMNADO (ORDEN de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedimento para a admisión d alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bachillerato reguladas na Ley orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. DOG 15-03-2015/ e modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 )

ÁBRESE O PRAZO PARA FACER A RESERVA DE PRAZA PARA OS 
NENOS/AS QUE PASAN A 1º ou 3º de PRIMARIA NOS CENTROS
 AOS QUE ESTÁ ADSCRITO O
CRA DE BOQUEIXÓN-VEDRA “NEIRA VILAS”:

( CPI PLURILINGÜE DE VEDRA/ CPI ANTONIO ORZA COUTO)


Escolas de San Fins, San Xian, Sarandón e Lestedo   .................    CPI Plurilingüe de Vedra


Escolas de Sergude e Camporrapado ........................................   CPI Antonio Orza Couto de Forte


Os alumnos/as que desexen  formalizar a reserva da praza nestes centros terá que cubrir  o anexo 1 modelo ED550A ( que se facilitará nos centros) ben a mano u a través da aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/   e presentala  no CRA na escola ao titor/a


PRAZO DE ENTREGA DA RESERVA: DO MERCORES 1 ATA MERCORES 15 DE FEBREIRO DE 2016


Ø  As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de
admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2016.

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible
coa presentación dunha solicitude de admisión nun centro novo.