Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 30 de marzo de 2016

UNHA VISITA MOI ESPECIAL EN SAN FINS

Hoxe estivo na nosa escola unha visita moi especial, Antonio, un científico que fixo que todos nós disfrutáramos do seu taller: " Cómo elaborar un cohete". Os nenos/as participaron entusiasmados nesta actividade, observaron, experimentaron, que mellor forma de meterse no mundo da Ciencia, ser científico é formular preguntas e intentar buscar a resposta, dalgunha forma todos somos algo científicos.

































jueves, 17 de marzo de 2016

ABALAR MOVIL



     Hoxe presentámosvos unha aplicación que puxo en funcionamento a Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil ou tablet dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

           Ainda que o CRA non é un centro Abalar propiamente dito sí que podemos acceder aos recursos que esta plataforma da Consellería de Educación nos ofrece.

        As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

              Podedes descargala tanto de Google Play como de App Store. Tedes máis información pinchando na imaxe seguinte:




miércoles, 16 de marzo de 2016

 
A beiriña de Henry Moore e Gianni Rodari
 
Onte tivemos a sorte de disfrutar coas obras de dous grandes artistas xa desaparecidos; o escultor inglés Henry Moore, que ten expostas 6 das súas monumentais obras escultóricas na mesma Praza do Obradoiro; e Gianni Rodari, escritor e pedagogo italiano do cal vimos de ver representados algúns dos seus contos tradicionais infantís, no Auditorio de Abanca. Velaí tendes algunas das instantáneas desta saída.
 
 









jueves, 10 de marzo de 2016

PERÍODO DE ADMISIÓN



    Coma todos os anos comeza o tempo de solicitar praza nos colexios de Galicia que abrangue dende o 1 de MARZO ao 29 de MARZO.  Así que se estás interesado ou coñeces a quen lle interesa, non deixes de poñerte en contacto con nós, ben nas escolas como por teléfono 616440471 ou mail: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.es. Non dubides en visitarnos e preguntar todas as cuestións que precisedes

ENLACE PARA CUBRIR A SOLICITUDE EN LIÑA:


miércoles, 9 de marzo de 2016

Quérote máis!!

   Este ano dende a clase de relixión e con motivo do día da paz, quixemos poñer en alza os nosos sentimentos cara os demais coa axuda dunha canción do grupo Sonoro Maxín, que ten por título: "Quérote máis". Cada neno e nena foi expresando de xeito individual ou en grupo os seus sentimentos cara os compañeiros resultando un vídeo no que o respecto e cariño aos demais queda latente. Esperamos que vos guste e o disfrutedes!!



sábado, 5 de marzo de 2016

Que queres ser de maior?

Preparando a conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, concienciámonos do papel que poden desenvolver as nenas e os nenos na nosa sociedade. Do feito de poder ser o que queran ser, porque tanto as mulleres como os homes poden facer as mesmas actividades.
Dende a escola, aprendemos cos xogos a participar en igualdade.