Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 17 de marzo de 2016

ABALAR MOVIL



     Hoxe presentámosvos unha aplicación que puxo en funcionamento a Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil ou tablet dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

           Ainda que o CRA non é un centro Abalar propiamente dito sí que podemos acceder aos recursos que esta plataforma da Consellería de Educación nos ofrece.

        As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

              Podedes descargala tanto de Google Play como de App Store. Tedes máis información pinchando na imaxe seguinte:




No hay comentarios:

Publicar un comentario