Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 23 de diciembre de 2014

Felicitación mediambiental

Seguindo as nosas ganas de facer deste mundo un pouco mellor, elaboramos esta felictación navideña dun xeito moi natural. Así,dende o cra Boqueixón-Vedra , queremnos aproveitar estas datas para desexarvos unhas felices festas e mellor 2015!! Bo Nadal!!FELICITACION NADAL

miércoles, 17 de diciembre de 2014

E POR SE NOS ESQUECEMOS.... BO NADAL¡¡¡


       Agardamos que este novo ano veña cargado de moitisimas cousas boas para todos/as, que sexa o fin de todo aquelo que nos fai sufrir e sexa o comezo de todo o que nos fai aledarnos.
     Que volvamos a ser nenos/as e vivamos este Nadal con ilusión, e non esquezamos que non necesitamos moito para ser felices e vivir en familia.

     O Nadal non é só desexar tamén dar¡¡




DOCUMENTAL UNITARIAS

 

   A finais do ano pasado participamos nun proxecto moi emocionante para nós, revivir a vida dun mestre de unitaria. Ver o paso do pizarrillo á pizarra dixital, da enciclopedia Álvarez ao libro dixital, pero eso sí sen esquecer que tanto nunha época coma na outra compartimos a ilusión,a emoción e o orgullo de educar en familia.

   En febreiro será a estrea do documental UNITARIAS e estamos desexando que chegue o día¡¡¡





Festival de Nadal





Recordade que o venres 19 ás 16h  temos unha cita na Casa Cultural de Camporrapado para disfrutar do noso xa tradicional Festival de Nadal. Teremos actuacións de tódalas escolas e a visita de Papa Noel que ven dende o Polo Norte expresamente para estar connosco esa tarde.

NON FALTEDES QUE PASAMOS LISTA¡¡¡¡¡¡¡

viernes, 12 de diciembre de 2014

FELICIDADES ANTONIO¡¡¡


     Hoxe está de cumple o único mestre home do CRA e iso temos que celebralo por todo o alto. E que mellor maneira que facelo recordando a cantidad de cousas que del aprendemos, as frases que nos ensina cada día.

MOITÍSIMAS FELICIDADES MESTRE
 E GRAZAS POR TODO¡¡¡¡

miércoles, 10 de diciembre de 2014



Quentando motores para o festival de Nadal. Aquí tedes a canción Anikuni, por si a queredes escoitar cos vosos fill@s.

domingo, 7 de diciembre de 2014

                          CUMPLEANOS EN S. XIÁN

Na escola de  S.Xián tivemos nestas últimas semanas varios compañeiros que estiveron de cumpleanos e quixeron celebralos con nós convidándonos a unhas tartas que estaban  boísimas.

                                                              MOITAS FELICIDADES

                                                                          MARCOS


                                          
                                                                  BRAIS  E  CARLOS




jueves, 4 de diciembre de 2014

lunes, 1 de diciembre de 2014

A PERFUMERIA DO CRA


   Sabedes que estivemos a facer no CRA coas plantas aromáticas que estamos coñecendo este ano???? Pois nada menos que ......

AUGA DE COLONIA


CHOVE E NON ME MOLLO


   No cole fixemos un proxecto baseándonos en que o home precisa a auga para vivir pero tamén precisa protexerse dela e ás veces vivir nela e dela. Así que  preguntámosnos: que fixo o home para protexerse da auga?. Pois alá vai a resposta e máis todo o que traballamos.





    E presentamos o proxecto a Vedra en Ciencia a semana pasada e déronnos moitas felicitacións polo noso traballo e recibimos premios para todas as escolas. Que contentos estamos¡¡¡¡

O calendario medioambiental

Aquí vos queremos ensinar o calendario que fixemos para o que queda de curso, que xa sabemos que ainda queda..... pero en nada estamos na última páxina. Elaborámolo coas plantas e  herbas da nosa contorna e adornámolo como máis nos gustou. Con este traballo, descubrimos o interesante que é traballar coas plantas e xogando....todo o que podemos aprender. Presentámosvos o mes de decembro. Viva o Nadal!!

calendario1

Arts & Crafts

O prometido é débeda! Aquí vos deixo os vídeos que vimos estas últimas semanas.












A desfrutalos!

domingo, 30 de noviembre de 2014

Xogo de conciencia fonolóxica

Esta semana fixemos un novo xogo para traballar a conciencia fonolóxica. Consiste en poñer diante dos nenos varios lotos e con paletas teñen que tocar o loto que conteña o son que lle pidamos. Por exemplo: A ver quen atopa un debuxo que empece por RA, que remate por ZA...





miércoles, 12 de noviembre de 2014

                      ALEJANDRO CUMPLE 3 ANOS

 
En S. Xián estivemos outra vez de festa,esta vez  para celebrar que Alejandro un dos nosos compañeiros mais pequenos cumple 3 anos.Convidounos a unha tarta que estaba boisima.

                                                                     FELIZ CUMPLE














O OUTONO NAS NOSAS MANS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free photo slideshow by Smilebox

martes, 11 de noviembre de 2014

[video http://www.smilebox.com/playBlog/4e4445304f4459794e7a633d0d0a&blogview=true]

http://www.smilebox.com/playBlog/4e4445304f4459794e7a633d0d0a&blogview=true

lunes, 10 de noviembre de 2014

                                              

                               SAMAÍN  EN S. XIÁN

   Celebramos na escola a festa do Samaín ,durante a semana decoramos a aula con debuxos de momias ,bruxas ,fantasmas,esqueletes , antifaces de vampiros etc ..  e participamos  no concurso de decoración de cabazas que quedaron todas preciosas.
  Pero chegou o día importante e viñemos todos preparados para disfrutar da festa e como non disfrazados e pintados .Elaboramos un menú monstruoso entre tod@s  que estaba delicioso e  despois de comer e  beber as bebidas de vampiro,  bailamos e xogamos.Pasámolo XENIAL.




















domingo, 9 de noviembre de 2014

Un magosto con moita arte!!!

Este venres pasado celebramos o noso tradicional magosto en Sarandón. Para tal evento xuntámonos todos os nenos e nenas do CRA na casa da cultura de San Miguel de Sarandón. Ao chegar, sorprendéronnos o xeito que tiveron os papás e mamás de Sarandón de adornar o local, todo con cousas da natureza e ata un cartel con productos da tempada. A continuación, desfrutamos do contacontos, comemos castañas, contemplamos a riqueza das cousas que nos rodean e levamos a cabo unha actividade con moita arte. Esta actividade ten por nome "Land Art", arte da terra e consiste en, ademais de valorar o medio que nos rodean,  elaborar cos productos da nosa terra verdadeiras obras de arte. Para iso, entre todos levamos productos e cousas da natureza para convertilas no que a continuación vos amosamos. Non diredes que non somos uns verdadeiros artistaz@s!!! Graciñas nai Terra por darnos cousas tan fermosas coas que poder aprender, xogar e ao mesmo tempo pasalo xenial coa mellor compañía!!! Ata o ano que ven......




[caption id="attachment_206" align="alignleft" width="300"]CAM00799_860x645 Magosto 2014[/caption]

CAM00798_860x645




[caption id="attachment_209" align="aligncenter" width="375"]Magosto_860x538 Os nosos "Land Art"[/caption]

[caption id="attachment_208" align="aligncenter" width="300"]CAM00801_860x645 Ata a tixola era con material reciclado, jejeje...[/caption]

jueves, 6 de noviembre de 2014

HAPPY HALLOWEN FROM SAN FINS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own photo slideshow
AQUÍ VOS DEIXO ESTA PRESENTACIÓN DO SAMAÍN.

SAMAÍN EN SAN FINS.

Menuda festa!, o xoves pasado celebramos o Samaín. Decoramos a clase ( fixemos cabazas, pantasmas, morcegos...) da casa trouxemos as nosas cabazas, metían medo!.Para rematar a mañá a merenda terrorífica.