Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 27 de abril de 2019

Visita institucional no CRA

Como centro sólo podemos sentir fachenda dos nosos pequerrechos e pequerrechas, pola súa naturalidade e o xeito de achegar o seu día a día a quen está interesado en descubrilo. Un traballo no que o profesorado e a familia son a clave de que un resultado positivo sexa posible.
Grazas a todos os que onte entráchedes na nosa segunda casa, como así a definiu a profe Ari, ao inspector de educación, Don Celso Currás, aos alcaldes e ao Delegado Territorial da Xunta, Don Ovidio Rodeiro, por dar visibilidade ao noso día a día, por interesarse polo que facemos, polas nosas inquedanzas e levalas a quen corresponda para que cheguen a bo porto.
Premendo na primeira imaxe, poderedes ver a nota de prensa publicada na Pax. web da Xunta de Galicia e toda a información sobre esta visita.





jueves, 25 de abril de 2019

Reciclamos no noso traballo diario

Si ben traballamos a poesía facendo os seus personaxes con material reutilizado, tamén recollimos tapóns e botes de iogures para traballar a motricidade fina e coordinación óculo manual ensartando os tapóns en cordeis. Tamén a reciclaxe tivo o seu lugar na lóxica-matemático empregando numerosos materiais para clasificacións, series, contaxes, agrupamentos según criterio dado...

martes, 23 de abril de 2019

As nosas hortas en familia

Igual que antigamente a xente traballaba os campos xunto cos veciños e amigos, no CRA Boqueixón-Vedra seguimos fieis ás tradicións e puxémonos a traballar duramente nas hortas en colaboración coas familais da escola, reciclando e facendo de esta iniciativa momentos de convivencia da comunidade educativa. Gracias a tod@s por estar sempre dispostos a botar unha man.

#hortacampo1819

viernes, 12 de abril de 2019

Traballando e reciclando

Aproveitamos mentres aprendemos os contidos curriculares para xogar e afondar máis no bo uso dos colectores. En ocasións éntrannos as dúbidas e por iso non está de máis dar un repasiño de vez en cando.