Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 29 de febrero de 2020

Esta actividade que levamos a cabo no cole de Sarandón consistiu en escribir unha mentira para o noso carballo a cal posteriormente fomos a colgar para decoralo. Este é o resultado...
Unha das actividades do noso proxecto consistía en escribir unha mentira a cal posteriormente fomos colgar no noso carballo

viernes, 28 de febrero de 2020

AVISO IMPORTANTE SOBRE A RESERVA DE PRAZA A CENTRO ADSCRITO

Poñemos en coñecemento das familias que reservaron praza para os seus fillos/as nos centros adscritos, dígase CPI Plurilingue Antonio Orza Couto e CPI de Vedra, que TODO O ALUMNADO ESTÁ ADMITIDO. Máis adiante informaremos dos prazos para formalizar matrícula.

miércoles, 26 de febrero de 2020

Xornada de Portas abertas!!

O vindeiro 3 de marzo, temos o pracer de convidar a todas as familias que teñen fillos e fillas nados no 2017 e que comezan o segundo ciclo da etapa de educación infantil, a visitarnos en horario de 12 a 13 horas. Así poderán solventar calquera dúbida e ver de priemira man como funcionan as nosas escolas. Agardámosvos!!

Entroido mediambiental!!

Como ven sabedes, vimos de celebrar o entroido facéndolle un aceno aos desastres mediambientais, tanto naturais como os producidos pola man do home. Deixámsvos a ligazón á pax. web para que lle botedes un vistazo. deste xeito,premendo na seguinte imaxe podrás acceder á publicación.



En Sarandón...



martes, 25 de febrero de 2020

No Entroido tamén concienciados co cambio climático.

Como ben saberedes, este ano, o noso proxecto Voz Natura é principalmente sobre os plásticos e a reducción dos mesmos. Deste xeito, favorecemos o medioambiente, que é o que nos importa. Porén, este ano, con motivo do Entroido, quixemos desfrutar destas festas, facéndolle un aceno á reciclaxe en xeral e a reducción dos plásticos en particular. Para iso, levamos a cabo a elaboración dos nosos disfraces e acompañamentos das comparsas, como o camión de bombeiros, a lancha e mesmo o submarino, con de material reciclable. Deste xeito, non fixemos uso de plásticos que non fosen biodegradables.

Premendo na seguinte montaxe poderedes ver o noso traballo entroideiro e na ligazón da nosa pax web, están máis fotos e as actuacións do día do festival. Agardamos que vos guste!!.

Pax. web:cra.boqueixon.vedra



 

viernes, 21 de febrero de 2020

SEPRONA

Un curso máis tivemos a sorte de contar coa vista de Óscar, un axente do Seprona.
Este ano fíxonos especial  fincapé nos incendios forestais. Explicounos as causa, cómo actuar, cómo previlos e deunos un montón de bos consellos de forma lúdica a través dun cómic super chulo que nos traia preparado!!
E para rematar a visita, disfrutamos coñecendo de preto o coche da garda civil!!

Grazas por achegarvos ás escolas do noso CRA!!



jueves, 20 de febrero de 2020

Un entroido moi medioambiental!!

Xa non queda nada, mañán será o gran día para desfrutar do entroido no CRA Boqueixón Vedra. Levamos un mes a pleno rendimento, artellando ideas, coplas, bailes, disfraces e mañán Vedra recibiranos e alí amosaremos todo o que estas cabeciñas dan de sí, porque os nosos pequechos e pequechas non paran de sorprendernos e este ano temos moito que dicir sobre o mediambiente e os seus coidados. Non volo perdades, a partir das 16 horas no Centro sociocultural de Vedra. Despois das actuación, degustaremos gracias á organización da ANPA e coa colaboración dos pais e nais dunha merenda entrodeira.

Viva o CRA Boqueixón Vedra....VIVAAAAA!!! Viva la gente de su mayor apreeecio...VIVA!!!! Viva quien le mira y rodeeeea..... VIVAAAAAA!!!!

De limpeza pola horta

Hoxe, co bonito día que nos acompañou, aproveitamos para limpar a nosa horta de malas herbas, aproveitalas para a compostaxe e deste xeito que sigan medrando, que en nada xa lle facemos a festa.

lunes, 10 de febrero de 2020

Obradoiro de plantas

Vai de plantas esta tempada!
Temos a sorte de ter a dúas mamás da escola que traballan en dous invernadoiros da zona, e coa chegada das primeiras raiolas de sol e un pouco de tempo calmo, achegáronse á escola a contaxiarnos a súa paixón polas plantas e ensinarnos o proceso de plantación das mesmas, así como dos coidados que precisan. Deste xeito, o noso patio empeza a encherse de cor!
Moitísimas grazas ás dúas!
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos obradoiros de plantación con Rita e Tania!

Premendo na seguinte montaxe, poderedes ver un resumo do que dou de si esta actividade.

domingo, 9 de febrero de 2020

Día da Paz 2020


Como tódolos anos, a semana do día Internacional da Paz adicámola a facer distintas actividades dende as distintas áreas e especialidades. Todas e todos cremos firmemente que o día da Paz son tódolos días, pero aquí vos deixamos unha pequena mostra do noso traballo nestes días.
Nas escolas fixemos distintos traballos de aula, e despois cada unha traballou unha mensaxe de paz, que compartiu coas demais nun audio. Traballamos contos, poesías e palabras significativas. Tamén o fixemos en inglés, achegándonos a palabras relacionadas coa paz.
Programamos os nosos ratos empregando como contidos para facelo palabras importantes para crear un clima de paz permanente nas escolas e no mundo.
Traballamos o esquema corporal e a percepción espacial aprendendo a formar letras cos nosos corpos. Eles e elas foron os responsables de elexir as palabras, tomando conciencia das mesmas.
Tamén cantamos e bailamos ó ritmo de Uxía Lambona e a banda molona.
Unha maneira divertida de aprender e coa que os nosos pequechos e pequechas o pasaron xenial!










.


Obradoiro de plantas en Sergude

Vai de plantas en Sergude esta tempada!
Temos a sorte de ter a dúas mamás da escola que traballan en dous invernadoiros da zona, e coa chegada das primeiras raiolas de sol e un pouco de tempo calmo, achegáronse á escola a contaxiarnos a súa paixón polas plantas e ensinarnos o proceso de plantación das mesmas, así como dos coidados que precisan. Deste xeito, o noso patio empeza a encherse de cor!
Moitísimas grazas ás dúas!
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos obradoiros de plantación con Rita e Tania!


miércoles, 5 de febrero de 2020

Recolleitando

Que alegría levamos, cando despois de tanto tempo, saimos ao patio e vemos a nosa horta cos froitos do noso traballo. Hoxe toca repartición de brécol e coliflor.

domingo, 2 de febrero de 2020

Sementeira de landras

Estamos no tempo de sementar e hoxe tivemos un taller moi interesante na escola. En primeiro lugar fixemos clasificación de sementes e logo fomos vendo o proceso da sementeira. Agora toca esperar que nazan para dar o seguinte paso.


PLANTACIÓN DE LANDARAS NA ESCOLA DE SARANDÓN