Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 22 de julio de 2011

SOMOS SEMIFINALISTAS¡¡¡¡


http://www.educared.org/global/premiointernacional/semifinalistas2011

NON PECHAMOS EN VACACIÓNS¡¡¡¡

Onte recibimos unha gran nova, fomos seleccionados como semifinalistas nos premios Educared entre o 10% dos 4.000 proxectos presentados a nivel internacional
En setembro coñeceranse os gañadores, pero xa nos damos por satisfeitos por haber chegado ata aquí.
Grazas a todos/as, pais/nais, mestres, concellos e, sobre todo, aos nosos nenos/as que cada día nos fan innovar e nos ensinan a aprender facendo as cousas sen medo.

NORABOA A TODOS/AS¡¡¡¡

sábado, 9 de julio de 2011



QUE FOI DOS VERMES DE SEDA?
Hola chic@s:
Sabedes que os vermes de seda de Lestedo están saindo dos seus capullos?. Xa hai 14 bolboretas e unha delas xa está moi atarefada poñendo ovos. As bolboretas de seda non comen nin voan, soio moven as alas e intentan buscar parella para copular e poñer as femias os seus ovos fecundados. Según din estas bolboretas sobreviven entre 2 e 7 días. A primeira que saiu xa fixo hoxe 4 días. Mirade como están.

viernes, 8 de julio de 2011

RUKUTRÚ 2011


Aquí tedes a nosa revista por se lle queredes botar unha ollada. A verdade é que nos quedou moi bonita e sobre todo, démonos conta das moitas cousas que fixemos.
Ah, é o debuxo de Lúa de Sergude foi o gañador do concurso de Rukutrús deste ano, e así loce de fermoso na portada da nosa revista.