Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 30 de noviembre de 2017

Descubrimos o noso entorno

Aproveitando o bo tempo, investigamos sobre o noso entorno. Alá nos fumos con libros científicos, con lupas, caldeiros, lubas... e descubrimos un montón de cousas, dende diferentes tipos de árbores, plantas medicinais e ata cogumelos, tanto comestibles como venenosos.



Cada cousa que atopamos contrastámola cos libros que tiñamos e comprobándoo coas fotos que alí atopamos. Foi unha mañá moi divertida mentres aprendíamos do que nos rodea.

lunes, 27 de noviembre de 2017

"Art" coa natureza

Na clase de Art aproveitamos para aprender a reciclar e mesmo elaborar precisos estampados con elementos da natureza que atopamos no patio.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

PLURINFANTIL



      O pasado mércores 15 de novembro recibimos da man do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nun acto celebrado na Cidade de Cultura a nosa estrela verde como centro Plurinfantil polo noso proxecto de plurilingüismo en inglés na etapa de educación infantil que estamos levando a cabo no centro.




      Para este proxecto contamos este ano cun auxiliar de conversa que se incorporou ao centro a primeiros de novembro e que se chama Romen. Acompaña á teacher Puri nas súas clases e colabora coa profe Yoli na etapa de primaria nos proxectos de robótica e art, da sección bilingüe.




Let's gooooooo¡¡¡¡




domingo, 19 de noviembre de 2017

                                   CUMPLEANOS   EN   S. XIÁN

 Hoxe queremos felicitar aos nosos compañeir@s da escola que recentemente estiveron  de cumpreanos e que nos convidaron a celebrar esa data tan importante.
       
          PARABENS !!!!!!!!!!!        PABLO,   ARIA   E MARCOS
                   






ROBOXOGO

ROBÓTICRA  é o proxecto de robótica do CRA. Unha das actividades, ROBOXOGO, desenvólvese na área de E.F. psicomotricidade, traballando: desprazamentos, percepción espacio-temporal (dirección, traxectoria),  nocións topolóxicas básicas (diante-detrás), lateralidade (dereita-esquerda)... Trátase de xogos de robots  programados para acadar un obxectivo nun circuito.

1. Debuxamos o circuito.
 
                                          2. Tomamos contacto co espazo.

3. Colocamos os obxectos.

4. Seleccionamos as ordes dos comandos de programación..

                                                                                        5. Programamos ao noso robot.

6. Acadamos o obxectivo.



                                                     APRENDEMOS XOGANDO

sábado, 18 de noviembre de 2017

Calqueira día é bo para falar do que importa
25 de novembro: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

viernes, 17 de noviembre de 2017

Land Art de outono!!

Aproveitando os recursos que a nosa Nai Terra nos ofrece, elaboramos precisos Land Art, neste caso de outono.

jueves, 16 de noviembre de 2017

Unha lingua viva¡¡

Néstor Segade e Marta Lubos na Escola de Sarandón





Hoxe tivemos unha visita moi especial:  Néstor Segade Cardelle  escenógrafo do Teatro San Martín de Buenos Aires e a actriz Marta Lubos.
Aproveitando a visita á súa familia de Vedra, cunha homenaxe sorpresa incluida, pasaron pola nosa escola.



Os nenos e as nenas de Sarandón fixéronlles preguntas sobre Arxentina que contestaron con moita amabilidade e simpatía.





Néstor ademais contóunos curiosidades do seu traballo, cando unha vez colaborou fabricando unhas marionetas de cóndor para axudar na cria dunha destas aves. http://www.aventurarse.com/expediciones/che/fichacondor30-06.html

Os nenos e as nenas de Sarandón escenificaron á entrega do Premio María Guerrero, que Marta Lubos recibiu á mellor actriz.   https://www.cultura.gob.ar/asi-fue-la-entrega-de-los-premios-maria-guerrero_3968/



















Levaron  como agasallo  uns debuxos feitos na escola con moito agarimo e ilusión.





                             
                                                    Grazas Néstor e Marta, ata sempre!







Sarandón,unha volta pola nosa contorna.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow made with Smilebox

viernes, 10 de noviembre de 2017

Coñecendo o outono

Inmersos no outono, un ano máis estamos a coñecer dun xeito lúdico, as peculiaridades desta estación, as follas, os froitos típicos...