Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 23 de septiembre de 2011

CHEGOU O OUTONO!!!

Onte os nenos e as nenas de Sarandón fomos a dar a benvida ao outono no redor da nosa escola.


Fomos ver as árbores que temos no Campo da Festa, recollimos follas e froitos que despois clasificamos.


Imos compartir con vos todas as cousas interesantes que aprendimos co mestre Antonio.




Estas son as piñas do Gran Pino Manso, estaban no chan e recollémolas. Estaban abertas e sacudímolas para sacar os piñóns que despois o mestre Antonio abriu cunha pedra e que todos comimos ¡estaban boísimos!



Tamén recollimos moitos piñóns do chan, que gardamos para sementar, pois os piñóns son as sementes dos piñeiros.





Había máis froitos no lado do palco da música, como estas landras. A da esquerda medrou e a da dereita non.



Temos dous tipos de landras, as dúas son de carballo, pero as alongadas son de carballo do país e as outras de carballo americano.





Esta é a folla e a landra do carballo americano. Fixádevos que a folla ten os bordos máis picudos e o froito ten a base máis chá.



Esta é a folla e a landra do carballo galego. Comparade as dúas follas, ésta é máis redondeada e o froito é alongado nos dous extremos.




Esta folla con forma de estrela é dun arce, o seu froito é un ourizo moi bonito que ten as sementes dentro, pódese coller coa man porque non pincha moito.




Estes ourizos, pola contra, non se poden coller coas mans porque pinchan moitísimo!!




Dentro están as castañas que son os froitos do castiñeiro.



Ricas castañas que comeremos no Magosto!!

jueves, 15 de septiembre de 2011

GAÑADORES¡¡¡¡¡




Foi este luns ás 18:00 cando nos deron a gran noticia: eramos GAÑADORES DOS PREMIOS EDUCARED¡¡¡¡. Foi unha longa espera pero valeu a pena, xa que ademáis de acadar este prestixioso e recoñecido premio internacional, conseguimos varios regalos para o centro:
- 1 cañón proxector
- 1 portatil ou unha mimio
- 8 tablets dixitais de dibuxo
- 1 video cámara dixital
Todos estes premios recollerémolos os vindeiros 20,21 e 22 de outubro no VI Encontro Internacional Educared que se celebrará en Madrid, e o que asistiremos coma invitadas en representación do CRA, a secretaria e a directora do centro, e probablemente nos acompañe a coordinadora do CESGA, María.
Estamos enormemente satisfeitos/as por acadar este premio e agardamos que sirva para que sexamos máis coñecidos os CRAs, o noso traballo e a calidade do noso ensino.
Só nos queda agradecervos a todos/as, membros da comunidade educativa do noso centro, o voso apoio, a vosa colaboración e sobre todo por creer en nós.
E permitídeme que lle dea as grazas aos nosos nenos/as, porque eles son os verdadeiros gañadores, os que nos fan mellorar e innovar día a día.

PARABÉNS A TODOS/AS¡¡¡¡¡¡¡



domingo, 11 de septiembre de 2011

ARRANCAMOS¡¡¡¡¡¡


O vindeiro luns 12 de setembro comezamos o curso 2011- 2012. Os mestres/as xa temos todo a punto: clases ambientadas, material preparado, proxectos en mente,.... ; só nos faltan os nenos/as para recibilos cos brazos abertos e con panos para os que boten de menos a casa, cousa do máis normal.
Faremos un período de adaptación durante as primeiras dúas semanas:
- 1ª SEMANA: De 10 a 13 ( agás na EEI de Camporrapado que será de 9 a 12)
- 2ª SEMANA : De 9 a 13
- Logo horario normal de 9 a 14.
Lembrámosvos que o LUNS 19 DE SETEMBRO non teremos clase por ser festivo local en Vedra, a festa de O Patio.

ENCENDEMOS MOTORES¡¡¡¡