Onte os nenos e as nenas de Sarandón fomos a dar a benvida ao outono no redor da nosa escola.
Fomos ver as árbores que temos no Campo da Festa, recollimos follas e froitos que despois clasificamos.
Imos compartir con vos todas as cousas interesantes que aprendimos co mestre Antonio.
Estas son as piñas do Gran Pino Manso, estaban no chan e recollémolas. Estaban abertas e sacudímolas para sacar os piñóns que despois o mestre Antonio abriu cunha pedra e que todos comimos ¡estaban boísimos!
Tamén recollimos moitos piñóns do chan, que gardamos para sementar, pois os piñóns son as sementes dos piñeiros.
Había máis froitos no lado do palco da música, como estas landras. A da esquerda medrou e a da dereita non.
Temos dous tipos de landras, as dúas son de carballo, pero as alongadas son de carballo do país e as outras de carballo americano.
Esta é a folla e a landra do carballo americano. Fixádevos que a folla ten os bordos máis picudos e o froito ten a base máis chá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario