Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 28 de noviembre de 2013

O CUMPLE DE MARIO


Mario xa cumpriu 3 anos. Celebrámolo cantándolle o cumpreanos feliz , convidounos a chuches e nos démoslle moitos bicos e abrazos polo seu aniversario. Pasámolo bomba. Moitas felicidades!


Mario coa súa coroa de rei por un día




sábado, 23 de noviembre de 2013

UN NOVO CUMPREANOS EN CAMPORRAPADO

Desta volta tócanos celebrar o cumpreanos de Carla, que xa cumpreu nada máis e nada menos que 5 anos, e para celebralo trouxo un rico biscoito para comer en compañía dos seus compañeir@s e amigos. Aí van unhas fotos que deixan constancia do momento e MOITAS FELICIDADES CARLA!!!!!!!!!!!!



RECICLANDO

 
    No cole estamos levando a cabo un proxecto sobre a reciclaxe e crear unha granxa de animais con material de refugallo. O domingo expoñerémolo no programa Vedra en Ciencia a partir das 17:00, así que esperamos vervos alí¡¡
   E se non podedes non vos preocupedes que sacaremos moitas fotos para que vexades o resultado. 


 Mentras tanto aquí vai un adelanto¡¡¡


viernes, 22 de noviembre de 2013

O magosto según Camporrapado de Abaixo



Aquí vos deixo un vídeo que resume o magosto de este ano.
Non diredes que non sabemos montar unha festa!

jueves, 21 de noviembre de 2013

Sementeira!!

Como boa escola rural que somos, quixemos voltar, por unha tarde, ao traballo dos nosos avós e bisavós. Para iso, levamos a cabo unha sementeira na leira dun veciño. Non faltou detalle...mirade, mirade...

img_5088img_5085

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén quixemos ter todo tipo de colleitas e para iso, fixemos a nosa propia sementeira na clase:

img_0356img_0358


Aprendimos a importancia que ten o noso campo, valoramos os productos ecolóxicos e comprobamos o traballo que dan.

FELIZ CUMPREANOS HUGO !

O martes foi un día cheo de delicia porque o noso amigo Hugo cumpriu 3 anos.

 
 Puxémoslle a súa coroa de rei por un día, convidounos a lambetadas  e pasámolo bomba. 
Moitas felicidades!

miércoles, 20 de noviembre de 2013

O aniversario de Mara

Mara fixo 3 aniños!


Coma sempre soplamos as velas e representamos o paso do tempo e o viaxe da terra arredor do sol...


E non houbo maneira de que estivera quieta para a foto, menudo torbellino :)
Feliz aniversario, Mara!
A maiores, aquí vos vai o rap do magosto, que lles fai moita gracia :)

jueves, 14 de noviembre de 2013

MIGUEL XA TEN 5 ANOS!!!!!!!

Onte en Camporrapado 2 celebramos nada máis e nada menos que os 5 anos de Miguel, e para que quede constancia delo, aí van unhas fotos que o corroboran:



E como se pode ver, tanto o queren que case o espachurran!!!!!
Moitas felicidades!!!!!

lunes, 11 de noviembre de 2013

Semana da ciencia

Todos os anos no CRA Boqueixón -Vedra, participamos en Vedra en Ciencia, certamen que organiza un dos concellos que forman o nosos CRA, Vedra. Cada ano é sobre unha temática, sempre relacionando natureza e ciencia. Xa presentamos numerosos traballos ao longo deste cursos. Neste vídeo poderedes ver os traballos que fixemos nunha ocasión, na que Vedra en Ciencia versaba sobre a paisaxe, por unha parte as paisaxes naturais e por outra as transformadas. Fixemos unha maqueta dos nosos concellos, da súa paisaxe, cos seus ríos, pontes, vexetación e animais. Tamén vimos como pode repercutir a acción do home no medio... e aínda máis amigos!!!: comprobamos como as industrias transforman os alimentos naturais e logo como o nosos corpo os procesan e expulsan. Deste xeito aprendimos o importante que é coidar o medio no que vivimos e asemade, coidarnos nós mesmos. Somos un CRA.


 

[youtube UfyHqpQI9ww]

 

MONICREQUES

Para traballar dun xeito máis lúdico cos nosos nenos e nenas, o claustro do CRA Boqueixón-Vedra, levamos a cabo un curso sobre monicerques cos que finalmente preparamos unha obriña teatral coa temática do medioambiente. Sin lugar a dudas o noso traballo veuse recompensado véndolle as caras dos rapaces e rapazas, disfrutando da nosa posta en escena. Vaia por todos eles este traballo!!

Monicreques

A NOSA ECOMASCOTA

O 16 de xaneiro de 2013 escollemos a nosa ecomascota de entre as moitas que fixeron os nosos nenos nas súas casas, coa estimable axuda dos papás e mamás. Ahí vai a nosa presentación oficial. Esperamos que vos guste.


ecomascota 001 [800x600]

miércoles, 6 de noviembre de 2013

DE SAMAÍN POR LESTEDO

A semana pasada celebramos o Samaín. Velaí tedes algunhas das actividades nas que estivemos enredados.



Graciñas ás familias pola súa colaboración.

domingo, 3 de noviembre de 2013

HALLOWEEN 2013

Click to play this Smilebox slideshow

ESTIVEMOS DE FESTAS POR SERGUDE

Estes días estivemos de dobre celebración:

Arón cumpriu 4 fermosos anos e convidounos a golosinas.


Para celebrar Halloween fixemos estas fermosas cabazas con axuda dos nosos pais.
 Moitísimas grazas a todos.




SAMAÍN EN SAN FINS.


 Chegou o Samaín, en San Fins o celebramos facendo unha merenda terrorífica,un mural e por suposto a exposición das cabazas que os nenos/as decoraron nas súas casas con axuda das familias.Grazas pola vosa colaboración.




 
 
 
 
 






sábado, 2 de noviembre de 2013

TRADICIÓN EN SARANDÓN




En Sarandón gústanlles explicar a orixe das tradicións e como estamos celebrando o Samaín, o mestre Antonio contóunos por que facíase esta festa.



O Samaín significa fin do verán, (o ano vello), nestas datas termina o "ano agrario" e as xentes que traballan no campo terminan de recoller as colleitas: uvas, patacas, millo, mazás, fabas, cabazas... etc. e gárdanas para o inverno (o ano novo).
" O que garda sempre ten"
"Para quen non quere, teño eu moito"




Ademais lembramos as persoas que morreron... que, como dí Antonio "...se cadra foi xente que plantou as colleitas que agora recollemos, por iso temos que lembrar ás persoas que traballaron a terra antes que nós..."
Non esquecer a nosa familia nin a de outras persoas.
Para os espíritus d@s mort@s, que a noite do 31 volven as súas casas para quentarse e comer, na escola de Sarandón deixan unha cabaza baleira cunha candea dentro dela e tamén un cesto cheo de castañas, noces, mazás, laranxas...




Tamén falóunos d@s caseir@s, aquelas persoas que non tendo leiras propias traballaban as terras das familias máis ricas a cambio dunha parte da colleita. En Sarandón había moitos caseiros e caseiras que pagaban o día de San Martiño 11 de novembro, cando xa tiñan todos os froitos recollidos.
Neste momento do pago decidían se continuaban ou non traballando as propiedades, tanto pola parte d@s caseir@s como pola parte d@s don@s.



 E como é tempo de festas, nós xa estamos a preparar o noso magosto!






viernes, 1 de noviembre de 2013


                                         
                                                    O  SAMAÍN  EN  SAN  XIÁN

     En S. Xián celebramos a festa do Samaín traendo a escola unhas fermosas cabazas que preparamos nas nosas casas ¡estaban  todas moi elaboradas e fermosas!

  E como nas festas sempre hai algo para comer fixemos un menú propio destas datas: dedos de vampiro,sanwhich s de fantasmas e ataudes de vampiros  e para o postre unhas arañas peludas e perigosas. 

  Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos.