En Sarandón gústanlles explicar a orixe das tradicións e como estamos celebrando o Samaín, o mestre Antonio contóunos por que facíase esta festa.
O Samaín significa fin do verán, (o ano vello), nestas datas termina o "ano agrario" e as xentes que traballan no campo terminan de recoller as colleitas: uvas, patacas, millo, mazás, fabas, cabazas... etc. e gárdanas para o inverno (o ano novo).
" O que garda sempre ten"
"Para quen non quere, teño eu moito"
Ademais lembramos as persoas que morreron... que, como dí Antonio "...se cadra foi xente que plantou as colleitas que agora recollemos, por iso temos que lembrar ás persoas que traballaron a terra antes que nós..."
Non esquecer a nosa familia nin a de outras persoas.
Para os espíritus d@s mort@s, que a noite do 31 volven as súas casas para quentarse e comer, na escola de Sarandón deixan unha cabaza baleira cunha candea dentro dela e tamén un cesto cheo de castañas, noces, mazás, laranxas...
Tamén falóunos d@s caseir@s, aquelas persoas que non tendo leiras propias traballaban as terras das familias máis ricas a cambio dunha parte da colleita. En Sarandón había moitos caseiros e caseiras que pagaban o día de San Martiño 11 de novembro, cando xa tiñan todos os froitos recollidos.
Neste momento do pago decidían se continuaban ou non traballando as propiedades, tanto pola parte d@s caseir@s como pola parte d@s don@s.
E como é tempo de festas, nós xa estamos a preparar o noso magosto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario