O pasado fin de semana a responsable de e-learning do CESGA ( Centro de Supercomputación de Galicia) e a coordinadora do noso proxecto de cloud computing, a nosa benquerida Mª José R. Malmierca,viaxou a Nova Delhi para presentar o noso proxecto na reunión global de HP Catalyst.
Polo que ela nos informou o noso proxecto tivo un éxito total e xa moitos participantes mostraron o seu interese en colaborar con nós. Somos internacionais¡¡¡¡¡
Dende aquí o noso agradecemento a María pola súa entrega, apoio e por creer en nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario