Sarandón despertouse ca ledicia da chegada luminosa da primavera. O Pino Manso foi o primeiro que avisou da entrada dos primeiros raiolos que traian bicos de luz. O Carballo das Mentiras espreguizouse e, ás agachadas, escoitou sons de festa e marmurios dos paxaros que falaban mal do cuco. No patio da escola dous mandarinos repartían arrecendos primaverais de azahar tentando facer novos amigos. Os algarrobos xigantes, anfitrións, en ringleira movían as polas para saudar abrindo xemas de follas novas.
Onte plantamos dous mandarinos no patio da escola. Esperamos comer mandarinas no vindeiro curso. Agora temos que coidalos, pois están cheos de flores e arrecenden a primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario