Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 25 de febrero de 2019

O entroido tamén lle fai un aceno ao proxecto mediombiental

O BURRO MANDA:

Como cada ano, a semana do entroido,o noso burro manda traaer algo cada dia para que chegado o xoves, nos convirtamos todos nuns verdadeiros entroidos. Este ano, este burro veu con gañas de facer poesía e ainda máis, dedicada aos nosos bosques, que este ano traballamos dun xeito especial no proxecto Voz Natura. Deste xeito así quedou o conto:

LUNS:          Se queres parecer un piñeiro


         en vez de piñas pon un sombreiro


MARTES:    Para estar fermoso como un corzo


         pon un adorno no pescozo


MÉRCORES: Se un moucho queres parecer


           uns lentes terás que traer


XOVES:       Como hoxe non toca plantar


         en pixama ti virás


VENRES:     Para que che fagan as beiras


         trae o disfraz que ti queiras.


AHH!! e para que quede máis atractivo, avisamos: É ACUMULATIVO!!

RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA

Como todos os anos comeza o tempo de admisión para a alumnado que comeza o segundo ciclo de educación infantil. Nesta ocasión correspóndelle o turno aos nado no 2016 ou mesmo aos que cambian de centro e non lle correspondía facelo no momento da solicitar centros adscritos. No seguinte enlace á nosa páxina web tendes toda a información e mesmo os formularios para imprimir. Un saúdo!!

domingo, 17 de febrero de 2019

Novo recoñecemento para a gran familia de este CRA!!

Como saberedes, o pasado venres ás 18 horas no Palacio de Fonseca, o noso querido CRA Boqueixón Vedra foi recoñecido pola excelencia educativa e a potencialización na relación coas familias. Este premio énchenos de honra xa que dende este centro esta relación sempre foi unha máxima a seguir e de ahí o noso lema "Educando en familia". Gracias a todas as familias que confiáchedes ao longo de todos estos anos e que seguides confiando no noso traballo diario así como aos profesionais que sempre miraron e seguen a facelo de nariz para fora, sendo o máis importante eses "locos bajitos"... como dicía a nosa Yoli, os que fan que pague a pena erguerse cada mañá e disfrutar deste traballo.
Facendo clic na seguinte imaxe ou no enlace inferior, poderedes ver un pequeno resumo de este evento así como o discurso co que a nosa directora nos agasallou.



jueves, 14 de febrero de 2019

Charlas do SEPRONA

Esta semana tivemos a visita dun axente forestal da garda civil do SEPRONA.

Dentro do proxecto Voz natura "Co monte na man" no que estamos inmersos, tiñamos programada dende principio de curso unha charla dun axente encargado de coidar o medio ambiente en xeral e os nosos montes en particular. Óscar chegou todo equipado para poñernos ao tanto da importancia do seu traballo. Case non lle deixamos facer a súa exposición coa cantidade de preguntas que lle fixemos. De seguido púxonos un vídeos e moitas fotos de gran importancia.

Todo o seu traballo nos resultou moi interesante e emocionate, dende a extinción de incendios ata o procura dos "malos" que tiran lixo nos montes, verten residuos aos ríos, maltratan animais, fan construccións ilegais e incendian os montes sen contemplación.

Tomamos nota de todo e tentaremos poñelo en práctica para entre todos facer do noso monto, do noso campo o mellor.

Grazas Óscar!! ...e ata a vindeira!!

miércoles, 13 de febrero de 2019

"Co Monte na Man"

Esta semana tivemos a visita dun axente da garda civil do Seprona!!
Dentro do proxecto voz natura "Co monte na man", tiñamos programada a visita dun axente encangado de coidar o medio ambiente. Óscar chegou ca sua equipación e o seu coche preparado para falarnos do seu traballo!! Contestou a moitas das nosas preguntas e púxonos unha presantación con fotos e vídeos do seu traballo.
Todo foi  abraiante, dende o seu traballo na axuda de extinción dos incendios, ata a procura dos "malos" que se empeñan en tirar lixo nos montes, vertidos ós ríos, maltratar animais, facer construccións ilegais, e incendiar os montes sen contemplación,...

Moitas Grazas Óscar!!

Proxecto Voz natura.


domingo, 10 de febrero de 2019

Aprendendo a plantar no Pico Sacro

O pasado venres alá fomos de plantación ao emblemático Pico Sacro no marco do proxecto de Voz natura que este ano estamos desenvolvendo sobre o coidado e conservación dos nosos queridos montes e que ten por título: "O monte na man".

Nesta nova aventura, o noso alumnado acompañado polo personal do Distrito 3 de Ordes, entre os que se atopan Santiago Neira, veciño da escola de S Xián, máis coñecido como Chago e que tanto nos leva axudado neste proxecto e nos de anos anteriores, sempre disposto a botar unha man e dar o mellor de sí para todo o que necesitamos en cuestións mediambientais. Tampouco faltou Diego Munín, papá da nosa Ángela de Sergude, gran colaborador tamén e sempre voluntarioso para todo o que necesitamos. Con eles un gran equipo fixo posible unha xornada na que o respecto e coidado polo noso quedou patente. Ogallá nun futuro estos nenos e nenas sexan os primeiros en coidar o seu entorno dándolle importancia as especies autóctonas, aprendendo a plantar e coñecendo o porque das cousas, sen esquecer que un día foron investidos cortalumes e axudantes de este equipazo que conforman o Distrito 3.

De seguido amosámosvos un resumo do moito que traballamos e desfrutamos.

[youtube qTHPbOgHT7g nolink]

sábado, 9 de febrero de 2019

SAÍDA 8 FEBREIRO

Día repleto de bos momentos .
Primeiro fomos a Santiago a fundación Abanca a ver  a obra "Burbullas de Papel" (grazas a nosa ANPA).
Despois puxémonos en marcha cara o Pico Sacro para plantar castiñeiros coa colaboración dos Axentes do Distrito III de Ordes e do Concello de Boqueixón . (Proxecto Voz Natura).



Grazas a tod@s os que fixestes posible un día coma este!!

jueves, 7 de febrero de 2019

O verdadeiro proceso dos cereais nas nosas mans

Xa non nos chega a horta da escola para sementar, así que onte marchamos á casa dun veciño, o Sr Pereira, un tío-avó de dous nenos da escola, que moi amablemente abriu as portas da súa eira e puxo á nosa disposición un terreno para sementar diferentes cereais: trigo, cebada, avea e centeo. Tamén queríamos sementar millo pero investigando descubrimos que aínda non era o tempo. Deste xeito coas botas nos pés e a s mans preparadas, fixemos un gran traballo.

En vindeiros días, visitaremos ao sr. Pereira e de paso miraremos como vai todo e si hai que quitar algunha herba mala. De cara ao verán faremos a sega, os monllos, a malla, limparemos os cereais e finalmente levaremos os cereais ao muíño para moer todo e posteriormente levalo á panadería e facer o pan e finalmente disfrutaremos entre todas as familias como sempre se fixo no noso campo.

martes, 5 de febrero de 2019

A voltas coas legumes

Botamos man do libro que fixeramos o ano que traballamos as legumes para buscar a información de se podiamos sementalas neste tempo ou había que esperar e finalmente quedamos coas gañas xa que aínda é moi cedo... a seguir esperando pero non de brazos cruzados.