Esta semana tivemos a visita dun axente da garda civil do Seprona!!
Dentro do proxecto voz natura "Co monte na man", tiñamos programada a visita dun axente encangado de coidar o medio ambiente. Óscar chegou ca sua equipación e o seu coche preparado para falarnos do seu traballo!! Contestou a moitas das nosas preguntas e púxonos unha presantación con fotos e vídeos do seu traballo.
Todo foi abraiante, dende o seu traballo na axuda de extinción dos incendios, ata a procura dos "malos" que se empeñan en tirar lixo nos montes, vertidos ós ríos, maltratar animais, facer construccións ilegais, e incendiar os montes sen contemplación,...
Moitas Grazas Óscar!!
Proxecto Voz natura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario