Aquí vos deixo algunhas orientacións xerais para a estimulación da linguaxe oral:
- Falar moito có neno, usando unha linguaxe sinxela, clara e correcta. Por exemplo: non empregar “guau-guau” en lugar de “can”.
- Compartir momentos de ocio como contarlle un conto (no que el tamén participe) que nos conte algunha actividade que fixo no cole...
- Correxir as súas emisións orais, é decir, cando diga algunha palabra ou frase incorrectamente indicarlle cal é a maneira axeitada. Ainda que esto non debe facerse en exceso.
- Aumentar ou completar as súas expresións. Por exemplo: si o neno di: “mira, un can” pode contestárselle: “si, un can grande e marrón.”
- Animalo a empregar a linguaxe, é decir, deixar que se exprese libremente, sin contestar por el.
- E non facelo consciente da súa fala.
Inés, moitas grazas polos teus consellos. Agradécese moito que vós, os profesionais, non dedes indicacións para que os nosos fillos melloren.
ResponderEliminarUn saúdo
Lupe
De nada, pero non se merecen, estou aqui para axudar no que poida!
ResponderEliminarAínda así, moitas gracias!