Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 1 de mayo de 2011

XOGO DE PRIMAVERA





Este era un abrocho de margarita ben pechadiño.

Ábrete! berráballe o vento frío. Ábrete xa! rosmáballe a xeada. Pero el non facía caso de ninguén.


Unha mañá unha raioliña de sol agarimouno e díxolle docemente: Ábrete margaritiña exoga con nós.

A margarita foise abrindo a modo e víu que o mundo era fermoso. As abellas pousaban e facíanlle cóxegas. As bolboretas chamábanlle amiga. Oía aos nenos e nenas comentar: - Que linda flor, non a pisedes. Era feliz.

Ao solpor un abellón avisouna: -Coidado co frío da noite, pode darche tos.

Entón foise pechando, pechando, e soñando esperou a volta do sol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario