Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 31 de enero de 2022

UNHA ANDAINA ESPECTACULAR!!!!

 Xa sabedes que somos emocionalmente saudables e a maiores participamos no PDC XOGADE que fomenta o exercicio e o coidado persoal entre o noso alumnado e comunidade educativa.

Pois aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasou o alumnado de Sarandón facendo unha espectacular saída pola súa contorna e o tan desexado BOSQUE ENCANTADO:

                                                    Sarandón co Pico Sacro ao fondo


                                        Costa arriba por Cimadevila e vendo a xeada nas cunetas


Baixamos á Fonte Fría

Buscamos o ouro das mimosas

Entramos a despedirnos do Bosque Encantado

Falamos co Carballo das Mentiras e escoitou moi ledo o ouvir de tanto nen@

Houbo moitas máis historias polo camiño. Grazas a Fortunato por saír a saudarnos. Grazas ao leñador que nos avisou para non entrar no Bosque Encantado. Grazas a Lucía e Carmiña por abrirnos o portal para tomar a parva. Grazas a Luis por agasallarnos con bombóns. Grazas a Marisol por ensinarnos a tartaruga Lupita. Grazas a Rita e Manolo por saír a saudarnos co can. Grazas a todas as nenas e nenos polo seu formidable comportamento!!!!










domingo, 16 de enero de 2022

Reis Magos

Comezamos este segundo trimestre con moitas sorpresas xa que os Reis Magos pasaron polo CRA e deixáronnos moitos agasallos nas escolas. 
Xa estamos a disfrutar deles compartindo moi bos momentos cos compis da aula. 

 Moitas Grazas a nosa ANPA por colaborar cos Reis Magos!!


sábado, 1 de enero de 2022