Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 14 de diciembre de 2011

En Sarandón xa temos Belén

O Nadal xa está chamando á porta e en Sarandón deixámoslle entrar.... xa puxemos o Belén!!

Fixémolo con un material que temos moi preto.... o serrín.
O profe Antonio pintouno de distintas cores e logo.... foi todo coser e cantar.
Fixemos camiños, ríos, leiras...e ata unha península. Logo, cada un colocou as figuras onde máis lle gustou e... listo!!
 Esperamos que vos guste!!!


BO NADAL A TOD@S DENDE SARANDÓN!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

A CIENCIA NO CRA

Como sabedes este ano celébrase o ano da ciencia co gallo do aniversario do pasamento da grande científica Marie Curie.

Dende as escolas do concello de Vedra decidimos facer un experimento químico cos nenos/as contando sobre todo cos alumnos/as de educación primaria. O noso experimento levou por título "A PEL DOS ELEMENTOS" e baseabase no principio da rotura das estructuras. 
Aquí tedes uns vídeos de como fixemos para entender un pouco mellor que é iso das moléculas e de como a química fai cambiar as cousas.


O OUTONO NO CRA

No mes de novembro celebramos no CRA o outono e mailo magosto e estivemos festexando este froito tan saboroso que é castaña proba delo este vídeo que agardamos que vos guste.

Agora xa sabedes que a castaña serve para moitas cousas¡¡¡


miércoles, 7 de diciembre de 2011

martes, 6 de diciembre de 2011

Observando a Natureza





A natureza, neste caso as árbores, facilítannos materiais para practicar a observación e a clasificación. Todo gratis!
Tamén para troulear nun día de vento!

Recollemos sementes de moitas árbores para facer unha bonita colección. Sabes que todas as árbores teñen o seu nome? Aprendemos algúns nomes e o que máis nos gustou foi "liquidamba". Mira que é raro!


GRACIAS NATUREZA por ser tan interesante, coidarémoste para que sigas sempre asi.