Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 24 de junio de 2015

CALENDARIO PARA O CURSO QUE VEN


 
              Preme na imaxe para acceder á orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario para o próximo curso, que como pon na orde comezará o vindeiro 10 DE SETEMBRO.

viernes, 12 de junio de 2015

                      

                             FESTAS    DE  CUMPLEANOS EN S. XIÁN

Na  nosa escola tivemos neste mes pasado varios compañeir@s de aniversario.Convidáronnos a celebralos con eles cunhas bolsas cheas de chuches.
 Mirade que ben o pasamos e canto medraron  tod@s  ao longo do curso.
                        
                                                    ¡¡¡¡¡¡¡¡¡   PARABEEEEEENS  !!!!!!!!
       
                                                                       MIGUEL


NAIARA
 
                                                                           YLENIA


                                           

                                                                   
                 
                                                                 



  

jueves, 11 de junio de 2015

A VIAXE A APÍPOLIS

O pasado martes estivemos todo o día de excursión nas instalacións de Apípolis.
 
 
Este centro, situado a só 3 km de Pontevedra, trata de dar a coñecer de xeito lúdico, as relacións existentes entre as abellas e os humáns e de concienciar aos nenos da importancia que estes seres pequechos teñen na conservación do noso medio natural.
 
 
 
Os nosos alumnos/as, repartidos en  grupos reducidos, visitaron acompañados de monitores-guías, as múltiples salas de exposición de que dispón o recinto.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Estaban ansiosos por entrar no apiario, vestidos de abelleiros.
 
 
 
 
 
 

 
 

 
 
 
 

 
 
 
 
 
 

 
 
 
 






Aínda que a visita ao apiario foi unha das actividades preferidas, tamén disfrutaron envasando mel dun panal.
 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Quedou tempo ata de facer galletas con mel; xa deben ser uns expertos axudantes de cociña!
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Despois de xantar, aproveitaron para facer xogos ao aire libre, cancións e danzas.
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Moitos deles, acabaron tan cansadiños que aproveitaron a viaxe de regreso para botar una cabezadiña. Ata a próxima!!

  

sábado, 6 de junio de 2015

De cumple por Sarandón!!

Este venres estivemos de cumple por Sarandón. Nesta ocasión foi o noso amigo Paio o que comartiu con nós unha riquísima tarta de queixo para celebrar este especial e bonito día. Parabéns Paio de parte de todos os amigos e amigas do CRA!!!!


martes, 2 de junio de 2015

Unha flor especial!!

Chegadas estas datas, na clase de relixión conmemoramos sempre o mes de maio, un mes moi especial, xa que é o mes que comeza coa celebración do día da nai, continúa máis adiante homenaxeando a familia, é o mes das flores... e en especial, para os cristiáns, o mes de María. Por todo iso, elaboramos unha planta un tanto especial, en forma de corazón para dar as grazas a todos aqueles que son especiais no noso día a día e aos que nos sobran razóns para querer e agradecer. Espero que vos gustara!!


lunes, 1 de junio de 2015

Xa chegan as vacacións!!

Estamos en xuño e con este mes aquí temos as vacacións de verán. Xa en setembro nos esperan novas aventuras en favor da natureza e do medio ambiente. Non vos esquezades de coidalo sempre e este venres acordádevos de felicitar o medio ambiente, que é o seu día!!calendario12