Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

domingo, 22 de diciembre de 2019

PAPÁ NOEL

Nesta última semana do trimestre tivemos unha visita moi especial ...
Papá Noel visitou as nosas escolas! Que emoción!!!!

Aproveitamos para facerlle algunha que outra petición,... e él agasallounos cuns deliosos caramelos e recordounos que en breves teríamos noticas del!!




Felices Festas!!

sábado, 21 de diciembre de 2019

Ollos de dragón

Sempre estamos a investigar e descubrir novas cousas. Nesta ocasión chegou ata nós unha froita exótica que se chama ollo de dragón e a verdade que quedamos abraiados e como realmente se parece a un ollo.

viernes, 20 de diciembre de 2019

As Apps ao servizo das plantas

Como xa vos contáramos, estamos a empregar unhas Apps paar a identificación de plantas. Con elas podemos traballar as áreas de coñecemento e disfrutar co que facemos.

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Tocou trasplantar en material reciclado

A piques de rematar o 1º trimestre, andivemos transplantando as plantas de exterior.
Seguimos os pasos que recollimos nas nosas investigacións:
Usamos de Macetas garrafóns reutilizados, furámolos no fondo para que non collan moita auga.
Colocamos unha capa de drenaxe con pedriñas do patio.
Engadimos terra negra, e ciña a planta é acabamos de cubrir con terra.

Felices festas!!

Como ben sabedes, a festa gústanos moito e que mellores datas para poñernos a bailar e preparar esta felicitación de Nadal para toda a comunidade educativa do noso centro. Bo Nadal para todas as familias que cada día confiades no noso traballo. Que o vindeiro 2020 nos traia grandes momentos para recordar e celebrar. Son os mellores desexos do claustro do CRA Boqueixón-Vedra.
Na seguinte imaxe poderedes ver a que se montou nas escolas para desexarvos e mellor!!

https://drive.google.com/file/d/1i416HLvhMLdYlmz0nA4cxOGPMStd8C6E/view


ANIVERSARIO NEIRA VILAS



Durante o mes de novembro conmemórase o nacemento e pesamento de Neira Vilas. O equipo de dinamización da lingua galega do noso centro realizou unha serie de propostas educativas de cara a que o alumnado coñeza a figura e a obra deste escritor. En todas as escolas traballaron algún poema do libro “Cantos de sol a sol” realizando tarefas como: escoitar o poema cantado, contar o número de estrofas e de versos, buscar as palabras que riman, buscar os adxectivos do poema e pensar otros novos, crear un novo inspirándonos nel, realizar unha intervención plástica… e por suposto cantar e bailar!!!
Podes ver tamén no enlace da foto un poema inventado polo alumnado:










martes, 17 de diciembre de 2019

Composteira e poda

Aproveitando os raios de sol que tivemos, andivemos a podar as plantas das fresas, collendo máis follas para a composteira e mesmo botamos miñocas para que fagan o seu traballo.