Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 31 de octubre de 2011

Pasámolo de medo en Sergude

Fixemos un morcego que (case)voaba de verdade e divertímonos coas cabazas que trouxemos da casa. Que ninguén se asuste, que somos nós!



HALLOWEEN¡¡¡¡¡¡

Esta semana estivemos celebrando a festa de Halloween nas escolas e na clase de inglés ademáis de pintarnos, aprendimos esta canción, que nos gustou moitísimo. Probade a bailala en familia.



domingo, 30 de octubre de 2011

QUE SORPRESA! CHEGOU A MALETA VIAXEIRA!














Durante 3 semanas os nenos de Lestedo disfrutarán cos libros que garda a maleta viaxeira (máis ben baúl). A maleta, que viaxa por todas as escolas do noso CRA, contén libros adaptados as distintas idades dos nenos e con temática atractiva e acorde a estación do ano na que estamos. Como vedes aquí en Lestedo foi moi ben recibida.

jueves, 27 de octubre de 2011

Festexando o Samaín en San Xián

Coa chegada do Samaín un dos alumnos levou unha cabaza cuns ollos e cuns dentes que daba medo...



....e cando apagamos as luces e encendimos a vela que levaba dentro...uh, uh! todos a temblar!!!

domingo, 9 de octubre de 2011

TRABALLANDO FÓRA


En Sergude temos un castiñeiro aínda novo pero que xa nos dá boas castañas para o magosto.

Gústanos moito apañalas.










Tamén plantamos o carballo que nos regalaron en Marcelle o curso pasado.

A profe fixo o burato cun sacho, colocamos a árbore con coidado e despois armados coas ferramentas apropiadas botámoslle terra.









Que non pase sede!

Ímolo regar todos os días mentras non chova. É moi divertido.









Misión cumplida. Agora a esperar que medre.