Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 30 de noviembre de 2012

MALTRATO ENTRE IGUAIS


O pasado 25 de novembro celebróuse o Día Internacional Contra a Violencia ás Mulleres e nos, dende a escola, queremos sensibilizar do maltrato entre iguais que é o que atopamos xeralmente no noso ámbito educativo.
Este é un vídeo educativo que permite facer unha pequena reflexión deste feito que tentamos correxir entre tod@s.


jueves, 22 de noviembre de 2012

Cómo facer un muiño de vento

Ésta semana no CRA estamos facendo muiños de vento para traballar o tema das enerxías renovables, neste caso, a enerxía eólica, ademáis de para traballar o sopro.
Visto o éxito desta actividade, de seguido amosamos o xeito de facer un muiño de vento na casa.
Para elo necesitamos:
          - un folio no que debuxaremos un cadrado.
          - ceras para colorealo
          - paos de brochetas
          - clips de cores estirados menos nun dos extremos
          - e uns alicates

Comezamos pintando o cadrado por diante e máis por detrás.

 Despois recortamos o cadrado e tamén cortamos uns 3 centímetros as esquinas como se ve na foto:
 A continuación picamos nas 4 esquinas ó lado do novo corte feito e tamén no centro do cadrado:

 Seguidamente collemos o clip estirado e vamos encaixándoo polos buratos feitos có punzón:
 Vanse metendo hacia dentro e unha vez collidas as 4 esquinas, o clip métese polo burato do medio:

 O último paso é enganchar o extremo do clip nun pao das brochetas:
 Para apretar ven o clip é recomendable empregar uns alicates:
 E xa temos o noso muiño feito!!!
Agora a soprar e pasalo moi ben!!!!!!!!!!

VEDRA EN CIENCIA 2012



Os nenos e as nenas de primer ciclo de primaria da escola de San Xián, fixemos un experimento de enerxía solar para Vedra en Ciencia 2012. Podédelo ver facendo "click" no enlace.



viernes, 16 de noviembre de 2012

XABRÓN de SARANDÓN!!!!





Hoxe venres levamos para casa o xabrón que fixemos coa axuda da mamá de Irea!


Imosvos contar como o fixemos:

1º paso: Mesturamos auga fría e aceite de oliva, que por moito que remexemos non conseguimos mezclar...
2º paso: Engadimos sosa e remexemos de novo... a auga volvéuse quente pola reacción química da sosa e mesturóuse o aceite coa auga. A mezcla espesóuse e coa axuda da batidora conseguimos unha textura cremosa... de cor amarela.
3º paso: Botámoslle colorante líquido rosa- violeta  e perfume de rosas... remexendo de novo con palillos para mezclar facendo raias.

Mirade que bonito!

 


4º paso: Esta mezcla botámola nun recipiente e deixámola repousar unha semana.
5º paso:  Unha vez solidificado o bloque de xabrón, cortámolo cun fio de pescar facendo anaquiños pequenos.



Miráde cantos....


Puxemos o noso nome cuns palillos...








Despois débese gardar de novo nun sitio fresco ao redor dun mes...

Temos xabrón para dar e tomar... levamos o noso para casa, algúns quedarán na escola para lavar as máns e tamén imos facer un agasallo as profes... do xabrón de Sarandón!






jueves, 15 de noviembre de 2012

OUTONO EN SERGUDE

Actividades propias deste tempo
Repartindo a colleita do noso castiñeiro.
As cabazas non podían faltar!. Ben artísticas as fixeron os papás e mamás.
Un colorido mural.
E a ilustración dun refrán moi verdadeiro.

domingo, 11 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012


O pasado venres día 9, celebramos en  Sarandón o magosto 2012 con xogos, talleres de imáns e maquillaxe...  cunha divertida obra de teatro e por suposto con castañas asadas!!!
Aqui tedes o enlace do video da obra "O derradeiro castiñeiro".
Esperamos que vos guste!


miércoles, 7 de noviembre de 2012

Samain musical

Desde a clase de Música celebramos un Samaween especial bailando con este simpático esqueleto.

martes, 6 de noviembre de 2012

UNHAS CABAZAS DE MEDO!!!!

A semana pasada na clase de arriba de Camporrapado contamos coa compaña dunhas cabazas terroríficas!!! Moitas grazas pola participación.

lunes, 5 de noviembre de 2012

AS CABAZAS DE CAMPORRAPADO






Grazas a todos/as dende Camporrapado  por facer cos nenos/as estas cabazas tan chulas e compartilas connosco.

domingo, 4 de noviembre de 2012

Lestedo e o samaín
 
En Lestedo o samaín sempre está moi presente porque permite facer infinidade de actividades educativas altamente motivadoras para nen@s e profes tamén. Velahí que ben o pasamos.