Hoxe venres levamos para casa o xabrón que fixemos coa axuda da mamá de Irea!
Imosvos contar como o fixemos:
1º paso: Mesturamos auga fría e aceite de oliva, que por moito que remexemos non conseguimos mezclar...
2º paso: Engadimos sosa e remexemos de novo... a auga volvéuse quente pola reacción química da sosa e mesturóuse o aceite coa auga. A mezcla espesóuse e coa axuda da batidora conseguimos unha textura cremosa... de cor amarela.
3º paso: Botámoslle colorante líquido rosa- violeta e perfume de rosas... remexendo de novo con palillos para mezclar facendo raias.
Mirade que bonito!
4º paso: Esta mezcla botámola nun recipiente e deixámola repousar unha semana.
5º paso: Unha vez solidificado o bloque de xabrón, cortámolo cun fio de pescar facendo anaquiños pequenos.
Miráde cantos....
Puxemos o noso nome cuns palillos...
Despois débese gardar de novo nun sitio fresco ao redor dun mes...
Temos xabrón para dar e tomar... levamos o noso para casa, algúns quedarán na escola para lavar as máns e tamén imos facer un agasallo as profes... do xabrón de Sarandón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario