Ésta semana no CRA estamos facendo muiños de vento para traballar o tema das enerxías renovables, neste caso, a enerxía eólica, ademáis de para traballar o sopro.
Visto o éxito desta actividade, de seguido amosamos o xeito de facer un muiño de vento na casa.
Para elo necesitamos:
- un folio no que debuxaremos un cadrado.
- ceras para colorealo
- paos de brochetas
- clips de cores estirados menos nun dos extremos
- e uns alicates
Comezamos pintando o cadrado por diante e máis por detrás.
Despois recortamos o cadrado e tamén cortamos uns 3 centímetros as esquinas como se ve na foto:
A continuación picamos nas 4 esquinas ó lado do novo corte feito e tamén no centro do cadrado:
Seguidamente collemos o clip estirado e vamos encaixándoo polos buratos feitos có punzón:
Vanse metendo hacia dentro e unha vez collidas as 4 esquinas, o clip métese polo burato do medio:
O último paso é enganchar o extremo do clip nun pao das brochetas:
Para apretar ven o clip é recomendable empregar uns alicates:
E xa temos o noso muiño feito!!!
Agora a soprar e pasalo moi ben!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario