Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 23 de agosto de 2011

LISTA DOS LIBROS CURSO 2011-2012

    Xa queda menos para que nos volvamos ver as caras e por se algún papi ou mami despistada se lle pasou  o da compra dos libros, mándovos a listaxe xeral do CRA. (Podedes descargala premendo na imaxe)
    Ollo porque non en todas as escolas piden o mesmo material, así que os que conservades a folla que se vos entregou a finais do curso, esa é a verdadeira, e os que non, podedes consultar a listaxe de cada escola no taboleiro da mesma.
     Vémonos en breve¡¡¡

E AGORA FINALISTAS¡¡¡¡



    Se en xullo case non creiamos que eramos semifinalistas, imaxinádevos como estaremos de contentos/as no CRA coa gran nova de que somos FINALISTAS no prestixioso Educared. Estamos entre os 16 mellores traballos de innovación educativa coas TIC dos países de fala hispana. Agora quédanos esperar a setembro para saber se estamos entre os gañadores.
   Felicidades a todos/as os que conformades a comunidade educativa do CRA, os mestres/as pola súa labor, os pais /nais polo seu apoio incondicional, os concellos polo seu compromiso con nós,o CESGA por facernos grandes e sobre todo a os nosos nenos/as por ensinarnos tanto e deixar que lle ensinemos. Parabéns¡¡¡¡¡

DENDE O INFINITO AO MÁIS ALÁ¡¡¡¡