Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 22 de junio de 2020

BO VERÁN!

NESTA ÚLTIMA ENTRADA COMPARTIMOS O ÚLTIMO VÍDEO DOS NOSOS RETOS, E CON ESTE REMATAMOS UN CURSO ESCOLAR CHEO DE NOVAS EXPERIENCIAS E APRENDIZAXES, SUPERANDO DÍA A DÍA AS ADVERSIDADES QUE TIVEMOS NESTE ÚLTIMO TRIMESTRE.

DAR UNHA VEZ MÁIS AS GRAZAS OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CRA E AS SÚAS FAMILIAS POR FACER TODO MÁIS DOADO E SINXELO.

VOLVEREMOS CON MÁIS FORZA!!
UN SAÚDO E BO VERÁN!!


sábado, 20 de junio de 2020

A NOSA REVISTA!!


Xa está aquí a nosa revista Rukutrú 19/20, na que podedes ollar moitos dos traballos que fixemos nas escolas ao longo do curso, así como outras actividades lúdico- didácticas que tamén realizamos. Para abrial tedes que premer enriba da seguinte imaxe e para moverse pola presentación, utilizar as flechas ou tamén premer sobre as páxinas co cursor do rato. Se queredes saír, premer no X. Agardamos que vos guste!!

miércoles, 17 de junio de 2020

Medrando a colleita de S Xián

Menuda sorpresa nos levamos cando nos mandaron estas fotos. A nosa horta é un éxito e comeza a dar o seu froito. Fresas, remolacha, grandes leitugas e ata millo. Mágoa non poder disfrutar dela cada día.

martes, 16 de junio de 2020

A HORTA DE CAMPORRAPADO

A nosa horta segue a medrar grazas ás familias.Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver uns pequenos vídeos cos que nos sorprenden as familias amosando a nosa colleita. Graciñas!!

lunes, 15 de junio de 2020

OS NOSOS RETOS!

Nesta entrada compartimos unha semana máis os retos do 1 ó 5 de Xuño, na que traballamos as seguintes temáticas: COCIÑA, INGLÉS, MOVEMENTO, LECTOESCRITURA E CIENCIA.
Dar as grazas unha vez máis os nosos alumnos e alumnas pola súa participación nesta recta final do curso, e por suposto as familias por compartir o traballo semanal.

Un saúdo e moreas de bicos.


viernes, 12 de junio de 2020

Abecedario reciclado

E para rematar a semana imos cunha actividade creativa do instagram de @teachingtachan: un abecedario reciclado. A idea é crear con elementos naturais e de refugallo as diferentes letras do alfabeto. Podemos comezar polas letras do noso nome e despois ir engadindo outras. Despois, podemos facer fotos das mesmas e imprimilas e traballar con ese abedecario propio para construír palabras. Déixámosvos esta imaxe a modo de exemplo. Boa fin de semana a todos/as!!!


lunes, 8 de junio de 2020

O Gran libro do mar

Hoxe limos un libro vinculado ao día do medio ambiente e dos océanos.

OS NOSOS RETOS!

Unha semana máis compartimos os retos dos nosos alumnos e alumnas da semana do 25 ó 29 de Maio, nestos días traballáronse as seguintes temáticas: DANZA MUSICAL, CIENCIA, INGLÉS, COCIÑA E LÓXICAMATEMÁTICA.
Dar as grazas e os parabéns a cada un dos nenos e nenas do CRA e as súas familias por compartir o traballo realizado nas súas casas.
Un saúdo e moreas de bicos!


viernes, 5 de junio de 2020

Xogos de reciclaxe

Como hoxe celebramos o día do medioambiente. Presentámosvos  unha serie de xogos da fantástica web de ecoembes para imprimir e traballar cos nenos/as conceptos relacionados coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Na seguinte imaxe atoparedes os xogos e material que a profe Laura buscou para este día tan importante.

ANIMAIS DE GALICIA EN PERIGO

Na seguinte ligazón á nosa páxina web, atoparedes uns quebracabezas sobre animais autóctonos de Galicia que están catalogados pola Xunta como "en perigo de extinción". Tamén  moi importante en canto á biodiversidade, tema central deste ano según a ONU. Tamén atoparedes outros xogos de seguro moi divertidos.

PASALLE ALGO AO PLANETA?

Bo venres, familia!


Hoxe, 5 de maio, é a data reivindicativa que a ONU escolleu para adicar ao Medio Ambiente, pola necesidade que temos os humanos de cambiar o modo de usar os recursos que nos ofrece o planeta e así conservalo, pois é  o único fogar que coñecemos, ... de momento.


O curso pasado traballamos un chisquiño sobre un conto escrito e ilustrado por Eva Clemente que se titula “¿Qué le pasa al planeta?" A ver quen se acorda:


[youtube ExOBjG44czw&feature=emb_logo nolink]

Como vedes este conto quere facernos entender que as grandes empresas e os gobernos poden ser axentes de cambio para mellorar o Medio Ambiente, pero sobre todo cada uno de nós podemos facer moitas cousas pequechiñas que sumadas producen cambios significativos.


É a mesma idea que nos deixaba o historiador Howard Zinn nunha das súas célebres frases: “Se a xente puidera ver que o cambio se produce como resultado de millóns de pequenas accións que parecen totalmente insignificantes, entón non dubidarían en realizar estes pequenos actos”.


O momento actual que vivimos inmersos na pandemia do Covid19, está deixando patente nas nosas rúas o excesivo consumo de artículos non reutilizables como mascarillas e luvas hixiénicas que logo aparecen ciscadas por todas partes. Pensade que se poden empregar mascarillas reutilizables e lavar a menudo as mans en lugar de usar luvas.


Recordades o conto que un compañeiro trouxo á escola polo seu aniversario? Pois ollade o que nos canta “La ballena llena” sobre o uso de mascarillas e luvas:


[youtube 5Hscoy6mVEM&feature=emb_logo nolink]

Propoñémosvos que recollades a través dun debuxo, dun vídeo, dunhas fotos, dun audio, dun escrito nun papel, ... como se vós ocurra, algunhas desas pequenas cousas que facedes a diario ou de vez en cando e que axudan a coidar o planeta. Así podemos aportar ideas entre tod@s para mellorar o noso entorno.


Boa finde chic@s!!

martes, 2 de junio de 2020

PLASTICMONSTERS

Como ben sabedes nas escolas estase traballando e investigando sobre o medioambiente, os seus coidados e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.
Desde o Equipo de Biblioteca do CRA fíxose a proposta de participar nunha iniciativa de Greenpeace "NO ALIMENTES AL MONSTRUO DE PLÁSTICO", e así facernos máis conscientes da situación actual con respecto o uso abusivo dos plásticos e dos seus efectos nocivos.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!
Son monstruosos!!!!!!!!