Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 5 de junio de 2020

PASALLE ALGO AO PLANETA?

Bo venres, familia!


Hoxe, 5 de maio, é a data reivindicativa que a ONU escolleu para adicar ao Medio Ambiente, pola necesidade que temos os humanos de cambiar o modo de usar os recursos que nos ofrece o planeta e así conservalo, pois é  o único fogar que coñecemos, ... de momento.


O curso pasado traballamos un chisquiño sobre un conto escrito e ilustrado por Eva Clemente que se titula “¿Qué le pasa al planeta?" A ver quen se acorda:


[youtube ExOBjG44czw&feature=emb_logo nolink]

Como vedes este conto quere facernos entender que as grandes empresas e os gobernos poden ser axentes de cambio para mellorar o Medio Ambiente, pero sobre todo cada uno de nós podemos facer moitas cousas pequechiñas que sumadas producen cambios significativos.


É a mesma idea que nos deixaba o historiador Howard Zinn nunha das súas célebres frases: “Se a xente puidera ver que o cambio se produce como resultado de millóns de pequenas accións que parecen totalmente insignificantes, entón non dubidarían en realizar estes pequenos actos”.


O momento actual que vivimos inmersos na pandemia do Covid19, está deixando patente nas nosas rúas o excesivo consumo de artículos non reutilizables como mascarillas e luvas hixiénicas que logo aparecen ciscadas por todas partes. Pensade que se poden empregar mascarillas reutilizables e lavar a menudo as mans en lugar de usar luvas.


Recordades o conto que un compañeiro trouxo á escola polo seu aniversario? Pois ollade o que nos canta “La ballena llena” sobre o uso de mascarillas e luvas:


[youtube 5Hscoy6mVEM&feature=emb_logo nolink]

Propoñémosvos que recollades a través dun debuxo, dun vídeo, dunhas fotos, dun audio, dun escrito nun papel, ... como se vós ocurra, algunhas desas pequenas cousas que facedes a diario ou de vez en cando e que axudan a coidar o planeta. Así podemos aportar ideas entre tod@s para mellorar o noso entorno.


Boa finde chic@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario