Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 29 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana todos os nen@s do CRA, participamos nun obradoiro  contra a viloencia de xénero, promovido polo concello de Boqueixón, da man de Yoli. Grazas a ela coñecimos a Alen e Marea, e as súas historias, e reflexionamos sobre algunhas ideas de como podemos axudar cando alguén está nunha situación complicada.

Moitas Grazas!!

miércoles, 14 de noviembre de 2018

En Sergude comenzamos coa investigación sobre árbores da nosa contorna, dentro do proxecto de centro "Co monte na man".

Coa chegada das primeiras ideas e información, Anxo ofreceunos a posibilidade de que nos visitaste o seu primo Fer, xa que el é un experto en bonsais. Así que veu e explicounos cousas sobre eles: cómo se fan, que coidados necesitan, onde viven, que características teñen... Falounos das árbores en xeral, e dos bonsais en particular.

Tiñamos unha lista de preguntas para facerlle (xa que non sabíamos nada de nada de bonsais), e fomos respondendo a todas as preguntas e anotando outra información que nos foi dando!

Comprobamos tamén cales de nós valeríamos para bonsai, xa que non deben pasar de 1 metro.

Falounos dos concursos de bonsais nos que participa, e da súa experiencia no Xapón aprendendo a coidalos de xaponeses moi moi expertos! (cómo non, deixamos unha estrela no mapamundi en Xapón, para recordar onde estivo el e de onde con originarios os bonsais). E como colofón, agasallounos con un olmo chino!!!!!! Quedamos mais que agradecidos/as, co firme compromiso de coidalo e por suposto convidándoo a volver cando queira!!!!

Moitas gracias por este obradoiro tan interesante Fer!!!

[youtube msQw0t_ByqI nolink]

domingo, 11 de noviembre de 2018

Aprendendo sobre os bonsais en Sergude

miércoles, 7 de noviembre de 2018

CIENCIA EN RUTA

Esta semna os nen@s do CRA Boqueixón-Vedra "Neira Vilas" disfrutamos dun obradoiro sobre o Sistema Solar da man de Ciencia en Ruta e grazas a nosa ANPA.

Coñecemos os planetas, os seus satélites e moitas curiosadades sobre estes; manipulando as vistosas maquetas que nos trouxo Juan. Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas!!

E como non, mil grazas a nosa ANPA, por ofrecernos a oportunidade de participar neste obradoiro.

GRAZAS!!!!

martes, 6 de noviembre de 2018

As mochilas temáticas emprenden a súa viaxe ás escolas!!

Esta semana chegaron ás nosas escolas as mochilas temáticas do proxecto Voz natura do presente curso: "O monte na man". Deste xeito, continuamos coa nosa horta e presentándovos os nosos traballos medioambientais.