En Sergude comenzamos coa investigación sobre árbores da nosa contorna, dentro do proxecto de centro "Co monte na man".
Coa chegada das primeiras ideas e información, Anxo ofreceunos a posibilidade de que nos visitaste o seu primo Fer, xa que el é un experto en bonsais. Así que veu e explicounos cousas sobre eles: cómo se fan, que coidados necesitan, onde viven, que características teñen... Falounos das árbores en xeral, e dos bonsais en particular.
Tiñamos unha lista de preguntas para facerlle (xa que non sabíamos nada de nada de bonsais), e fomos respondendo a todas as preguntas e anotando outra información que nos foi dando!
Comprobamos tamén cales de nós valeríamos para bonsai, xa que non deben pasar de 1 metro.
Falounos dos concursos de bonsais nos que participa, e da súa experiencia no Xapón aprendendo a coidalos de xaponeses moi moi expertos! (cómo non, deixamos unha estrela no mapamundi en Xapón, para recordar onde estivo el e de onde con originarios os bonsais). E como colofón, agasallounos con un olmo chino!!!!!! Quedamos mais que agradecidos/as, co firme compromiso de coidalo e por suposto convidándoo a volver cando queira!!!!
Moitas gracias por este obradoiro tan interesante Fer!!!
[youtube msQw0t_ByqI nolink]
No hay comentarios:
Publicar un comentario