Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 27 de febrero de 2013

                                                              
                                           O  INVERNO

Estivemos traballando na  nosa escola sobre o inverno e aprendimos moitas cousas ,fixemos moitas actividades plásticas e uns bonecos de neve cunha piña que nos quedaron moi chulos.Mirádeos......

 
 
 


 

martes, 26 de febrero de 2013

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS DO CRA

Mirade cantos instrumentos chegaron este ano ao CRA de visita, uns son de verdade, outros de xoguete pero con todos fixemos música e bailaron ata os paxariños. Sabedes o nome de todos?????





 

PEDRO E O LOBO


Os alumnos de todo o CRA, viron o conto musical de "Pedro e o Lobo" composto por Sergéi Prokófiev


Despois de escoitalo e velo, fixemos un mural cos instrumentos musicais e os personaxes principais do conto






E algúns dos resultados foron...



lunes, 18 de febrero de 2013

En Sergude tamén celebramos o Entroido cunha boa merendiña, (gracias papás)e bailando o "baile do cabaliño" disfrazados coma todos no CRA.Unhas risas!! Nevou en Sergude? Non, pero fixemos un boneco de neve case de verdade, só que non está frío nin se derrete. Ademáis tén filliños.Tamén fixemos un móvil de paragüiñas, un mural...Como o inverno é taaan loooongo hai tempo para todo.

jueves, 14 de febrero de 2013

Feliz día de San Valentin

Neste día tan especial, un abrazo moi grande para o noso profe Antonio que o temos recién operado e progresando adecuadamente, e en breve xa estará dando caña dende Sarandón.
Para él, gran fan dos Beatles e para  todos:


 

Saint Valentine´s day


Hoxe na clase de inglés celebramos o día da xente que se quere, o día de San Valentín. Pintámonos a cara, fixemos un "funny Valentine" y máis unha bolbereta de san valentín para levar para a casa. Pasámolo Chupi¡¡¡

ANIVERSARIO EN SAN VALENTIN





Teresa cumpre hoxe, 14 de febreiro, oito anos e para celebralo na escola cos seus compañeiros e compañeiras, a mamá de Irea fixo unha deliciosa torta coa forma dun corazón, por suposto... PARABENS!!!

miércoles, 13 de febrero de 2013

martes, 12 de febrero de 2013

                         ANTROIDO EN SAN XIAN

 Non podiamos esquecer da  festa do antroido da nosa invitada especial  a piña disfrazada que mandaron uns papás para acompañar ao entrañable BOB esponja, no seu día triunfal. Non quedou nadiña dela xa que despois de tantas orellas ,filloas , rosquillas e demais apetecia unha piña fresquiña.Algúns pais están en todo. .Mirade que simpática estaba.






   ANTROIDO EN SAN XIAN


Durante toda  a semana trouleamos co antroido e co xogo do burromanda .E xa o venres festa rachada co noso disfraz  e coas lambetadas que mandaron os papás .Moitas grazas a todos.





                             




lunes, 11 de febrero de 2013

UN ENTROIDO DE PAZ EN CAMPORRAPADO

O 30 de xaneiro foi o Día da Paz; en Camporrapado decidimos celebralo facendo un cesto de flores para Dona Paz. Cada neno e nena plasmou en cada pétalo un sentimento ou acción que fai que reine entre nós tódolos días do ano. De todo corazón esperamos que así sexa.



A Paz tamén estivo presente durante a celebración do Entroido. Durante a semana trouxemos diversos accesorios que nos favorecían moitísimo... Finalmente, o venres a escola transformouse en "Fondo de Bikini" coa chegada de numerosos "Bob Esponja". Organizamos unha gran festa con xogos, cancións, bailes, e unha estupenda merenda grazas ás larpeiradas que aportaron as familias. 


Moitas grazas a todos pola colaboración. Bo Entroido!!!

sábado, 9 de febrero de 2013

UNHA HORTA PARA LESTEDO

Despois dun ano de espera, por fin iniciamos a nosa andura co proxecto da horta. Puxemos a nosa primeira plantación a mediados de novembro e agora en febreiro a nosa horta segue en pe e parece ser do agrado de babosas e outros bichos porque o repolo está ben furado. Velahí tedes o noso esforzo e tesón. Esperamos aumentar a nosa plantación en breve.
Vaia o meu agrademento a Nina, que nos aportou horas de dedicación e consellos.
 



 

FESTEXANDO O ENTROIDO

 
En Lestedo esta semana andivemos moi entretidos co gallo do entroido. Algúns nin para traballar quixeron olvidar os consellos do "burro manda" e senón botade unha ollada.

 






 
 

viernes, 8 de febrero de 2013

O ENTROIDO EN CAMPORRAPADO


Esta semana pasámolo moi ben na escola xogando ao xogo do burro manda, facendo caretas, disfrazándonos...


Hoxe celebramos o entroido na escola cunha rica merendola que trouxeron os papás e mamás e logo disfrazámonos de Bob Esponja. Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Feliz entroido a todos.

O BURRO DO ENTROIDO NA ESCOLA DE SARANDÓN

Chegou o Entroido á escola de Sarandón. Un ano mais voltou a tradición de poñer o burro. Na  mañan do luns apareceu na porta da escola este fermoso burro. Nas terras do Ulla é tradicional mandarse burros para burlarse dos coñecidos e veciños, tamen é un xeito de compartir a ledicia e a festa do Entroido. Pero...
Quen nos poñeria o burro....?



Tradicionalmente ninguén quería quedar co burro,  pero este que nos puxeron a nós é tan bonito e portase tan ben que queremos quedar con el. Hoxe puxémoslle nome nunha votación entre todos . Chamase DONKI. Está moi contento na nosa escola. Fomos investigando e descubrimos que  Donki  fíxoo e púxonolo Ana Segade, a mamá de Irea. Grazas e bo Entroido.

lunes, 4 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

A saúde, a educación, o xogo...son algúns dos dereitos que non lle deberían faltar a ningún neno/a do mundo. Para coñecelos realizamos un libriño sinxelo. E quedounos chuli!.

domingo, 3 de febrero de 2013


  Un ano máis chega ao CRA o burro de entroido preparado para facer moitas trasnadas. Como sabedes cada día mándanos traer cousas á escola para celebrar o carnaval dun xeito divertido, así que moi atentos ao cartel da escola para saber que temos que traer ao día seguinte¡¡¡¡¡
   Para comezar o luns todos temos que traer unhas gafas á escola, non pode faltar ninguén así que....
A ver se se animan os papás,mamás,avós e demáis familia e aparecen disfrazados no cole¡¡¡¡¡

CARNAVAL,CARNAVAL, CARNAVAL TE QUIERO, LALALALALALALA¡¡¡