Chegou o Entroido á escola de Sarandón. Un ano mais voltou a tradición de poñer o burro. Na mañan do luns apareceu na porta da escola este fermoso burro. Nas terras do Ulla é tradicional mandarse burros para burlarse dos coñecidos e veciños, tamen é un xeito de compartir a ledicia e a festa do Entroido. Pero...
Quen nos poñeria o burro....?
Tradicionalmente ninguén quería quedar co burro, pero este que nos puxeron a nós é tan bonito e portase tan ben que queremos quedar con el. Hoxe puxémoslle nome nunha votación entre todos . Chamase DONKI. Está moi contento na nosa escola. Fomos investigando e descubrimos que Donki fíxoo e púxonolo Ana Segade, a mamá de Irea. Grazas e bo Entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario