Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 31 de octubre de 2015

CHEGOU O SAMAIN A LESTEDO

Toda esta semana andivemos moi entusiasmados cos preparativos para o samaín. Escoitamos contos, historias, xogos lim, cancións, organizamos unha exposición de cabazas decoradas e ata fixemos unha videoconferencia para averiguar como celebran a festa dos mortos en México.














O día da festa, na que estivemos todos disfrazados para a ocasión, pasamos unha parte da xornada nun taller de cociña terrorífica. Ollade, senón!!
 








 
 
 
FACENDO MOSTO E VIÑO EN LESTEDO
 
Estes días atrás andivemos moi ocupados co tema da vendima.
Despois de escoitar moito, ver contos, fotos e aprender unha canción, decidimos facer o noso propio viño, coa axuda tamén das nosas familias.
Primeiro montamos un emparrado caseiro, tipo tendal da roupa, vendimamos e despalillamos. A algún tanto lle gustou o de despalillar que non quería lavar as mans e almorzar!
Mirade que ben quedamos!
 
 
 
 
 
 












Ao día seguinte tocou esmagar as uvas. Houbo alguén que non quixo, por eso de que iamos estar un pouco máis sucios da conta. Pero non foi problema, eran moitos pes a traballar, e ata algún cu tamén!
   
 










E despois do duro traballo chegou unha boa recompensa, probalo mosto. Que doce!!






Agora toca observar como se vai facendo o viño.


 
 

Proxecto da vendima!!

Para poñer en alza un traballo tan natural e tradicional como é a vendima, no CRA Boqueixón-Vedra puxémonos mas á obra e levamos a cabo un proxecto sobre o proceso do viño, dende a recollida an viña ata o embotellado do viño. Para iso, nalgúns casos puidemso visitar a casa dun compañeiro ou compañeira, onde nos recibiron  por todo o alto e pola nosa parte, esperamos non defraudáramos como xornaleiros. Ademáis, tamén fixemos o mesmo proceso nas escolas, co tradicional pisado das uvas incluído. Para que poidades disfrutalo amosámosvos as presentación que cada profe preparou. Esperamos que nunca falte xente como os pais, nais, avós, avoas.... do CRA Boqueixón-Vedra para poner en alza un traballo tan antigo e que continúan a facelo do xeito máis natural, ecolóxico e tradicional. Veña que vai!!!!!


Facendo clic enriba de calquera das imaxes poderedes ver a vendima de cada escola.


Vendimando por Sarandón, na viña feita para a ocasión na propia da escola:


Sin título

E tamén por S Fins:


S FINS


Tampouco faltou S Xián con doble vendima, na escola e na casa dun compañeiro:


IMG_7091


En Camporrapado,  tampouco quixeron perder a vendima con todos os detalles:


campo


E en Sergude tamén disfrutaron do proceso do viño na escola e na casa doa avós dunha das compañeiras.


Sin título


Para rematar, a vendima de Lestedo, onde incluso separaron os vagos de cada uva...canto traballan est@s  neno@s!!


lestedo

jueves, 29 de octubre de 2015

A nosa primeira saída: O Museo de Historia Natural.




 [youtube tZVDOancSbk&feature=youtu.be nolink]

A nosa primeira saída mediambinetal | CRA Boqueixón-Vedra



Na nosa primeira saída medioambiental visitamos o Museo de Historia natural da USC. Para que poidades ver o que ali vimos e aprendimos, amosámosvos o seguinte vídeo. Agardamos que vos guste!.




 

domingo, 25 de octubre de 2015

                   

              SERGIO CUMPLE  4 ANOS EN S.XIÁN

En  S.Xián  non paramos de ter festas, e desta volta celebramos co noso compañeiro Sergio  que cumplia 4 anos.Convidounos a unha merenda que estaba moi boa e o pasamos xenial.

                               ¡¡¡¡    PARABENS SERGIO !!!!!

  

viernes, 16 de octubre de 2015


Por San Xián tampouco quixemos perdernos a vendima e ademais de facer unha na escola, tivemos a sorte de poder visitar a casa do noso amigo Brais Aldrey, onde os seus avós explicáronnos todo o proceso do viño, dende a recollida das uvas ata o embotellado do viño. Este proxecto ademais de servirnos para pasalo moi ben, tamén nos serviu para aprender moito e sobre todo tivemos moi presente e puxemos en valor as tradicións da nosa terra. Esperamos que disfrutedes este video que preparamos para  todos vós!!

martes, 13 de octubre de 2015

VENDIMANDO COS CINCO SENTIDOS

 O día de San Miguel apareceu unha viña chea de uvas no medio do patio da escola de Sarandón.  Coa emoción no peito, caldeiros e tesouras nas mans, vendimamos sentindo,
 tocando, ulindo, oindo, escoitando. saboreando, vendo, mirando...
 Na tinalla esmagamos as uvas, e  co mosto doce e sabedeiro, camiñamos polo campo da festa ca banda sonora das badaladas das campás e dos foguetes da pólvora,
 convidando á xente na saida da misa do patrón da parroquia. 
Brindamos no colo do Carballo das Mentiras fronte o Pino Manso por unha terra chea de froitos.
O mosto gardado está a ferver ata facerse viño.




"San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras"

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow customized with Smilebox


CUMPLE DE XOEL EN SAN FINS

Parabéns Xoel!. Celebramos o cumple de Xoel cun rico bizcoito feito pola súa nai(un gran cociñeira),tamén ao rematar a mañá repartiu as bolsas das chuches. Pasámolo xenial!.




VENDIMIANDO EN SAN FINS

Chegou o gran día!. Todo estaba preparado: as uvas ( todas as familias participaron traendo as uvas das súas viñas), os barreños para pisalas, a nosa parra improvisada no noso patio e como non as nosas roupas (bañadores ou pantalóns cortos).
Estábamos preparados e empezou o proceso:
.Recollimos as uvas.
.Metémolas nos barreños.
.Pisamos con entusiasmo e moitas ganas.
.O resultado final: o mosto ( as caras ao probalo foron moi simpáticas).
Teño que dicir que isto non sería posible sen a colaboración das familias. Moitas grazas.